venres, 24 de outubro de 2008

Fontes informativas de privilexio.

Os rapaces de primaria veñen traballando nestas alturas do curso co tema do corpo humano, cada grupo ao seu nivel.
Onte todos compartimos unha fonte informativa moi especial: Mª José e Mónica, fisioterapeutas que son nais de tres alumnos do colexio, prepararon unha presentación sobre o tema. Mº José explicounos con ela moitas cousas interesantes. Gustounos moitísimo.Total: unha fonte informativa de privilexio.
Moitas grazas!!



2 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola, a verdade é que eu xa sabia algo do corpo human pero....
non tanto como MªJose
Ela apredeunos cousas moi , moi interesantes, que nos aínda non sabiamos.
Un bico
Noelia 6ª

xanferatu dixo...

Hej!

Aprender é moito mais doado cando se teñen as ferramentas adecuadas para ensinar.

Saúdos dende Suecia.

Hej da!