martes, 17 de xuño de 2008

Despedida do amigo Mateus... por agora!


Meus queridos amigos:
Aproveito estas liñas para comentar-vos que durante este verao vou ir, co meu colega Felipe, que botou raíces e amizades na clase de Bea, a pasarmos as vacacións con todas as criaturas do bosque.
A verdade é que rimos e aprendemos moitas cousas convosco, e quero-vos mandar un bico moi grande através deste blog, e agradecer-lle ao Rato o ter-me convidado a estar por aqui.
De todas maneiras, como ben sabedes, os trasnos movemo-nos coa velocidade das estrelas, co que estarei dando unha volta polos tellados das vosas casas, no cimo das montañas ou detrás dunha rocha nas praias polas que andaredes... e non creo que poida aguantar o facer algunha das miñas, asi que se perdedes algo ou pasan cousas raras xa sabedes quen foi...
E, por suposto, lerei todos os libros que teñades e escoitarei todas as cancións que fagades, porque non me podo resistir a disfrutar da vosa compaña e da alegria que transmitides.
Como despedida deixo-vos esta lengalenga (como lle chaman debaixo do rio Miño aos xogos de palabras). A ver que vos parece:

O tempo perguntou ao tempo
Quanto tempo o tempo tem.
O tempo respondeu ao tempo
Que o tempo tem tanto tempo
Quanto tempo o tempo tem.


Unha aperta trasneira!!!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu xa o aprendín, Mateus.
Todos queremos daeche as grazas polo tempo que ao teu tempo lle robaches para dárnolo a nós.

Anónimo dixo...

Juana:
O tempo que roubei ao tempo deu-me máis tempo para aprender e disfrutar de todos os nenos deste cole.
O honor foi meu por estar trasneando por aqui e polo cariño que me facedes chegar...
Só queda desexar-vos que o voso tempo sexa o que traia a luz agochada no voso interior.

Anónimo dixo...

Amigos:
Esquecia enviar-vos esta canción da fada Uxia, para que teñades que cantar:

http://es.youtube.com/watch?v=X6QTr9iQbGY

Saúde para todos!!

Anónimo dixo...

hola soy carla de 5 estoi mui orgullosa de aber pasado para quinto ademas de que aprendo mas tengo una profesora magnifica tqm juana

carla rey