venres, 30 de maio de 2008

A primeira vez que...

Desde o terceiro ciclo de primaria queremos achegarvos este álbum que temos na Biblio e que nos gusta moito.
Utilizámolo como modelo na clase de lingua e, tentando imitalo, atrevímonos a escribir nós tamén. Baixo a imaxe vai parte do resultado: textos feitos por algún de nós.




La primera vez que subí en autobús, piqué tres veces el billete. Para estar segura.
Luego me subí en las rodillas de papá y le besé tres veces. Para estar segura.




A primeira vez que vin unha noiva co seu vestido tan grande, metinme debaixo para rexoubar. A noiva asustouse. Enfadouse. Ao final, riuse. Creo que non me pagou a pena o que vin... pero estábase quentiño.

A primeira vez que me peiteei soa, mireime ao espello e vin que tiña o floco moi longo. Corteino. Despois xa non estaba tan longo.

A primeira vez que me queimei co cigarro que papá estaba fumando, non me doeu. Á miña man, si.

A primeira vez que montei na bici, fun dar co único bache do parque. Baixei da bici. Non volvín a achegarme a ela.

A primeira vez que tiven un bote de ketchup, tireillo ao meu pai. ¡Púxose vermello!

A primeira vez que vin unha araña, boteime a chorar. Mamá díxome que a araña era a miña amiga. Agora xa non choro, pero tampouco a quero de amiga.

A primeira vez que me botei a nadar foi porque o meu irmán me tirou á auga. Cando el se meteu, tentei afogalo.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

A primeira vez que oín falar desto das bibliotecas escolares (non fai tanto diso), pensei que sería compexo e difícil, agora sigo pensando que é difícil, menos complexo do que imaxinei, pero sobre todo moito máis reconfortante, é como estar na casa. Grazas a xente coma ti Juana e os teus nenos tal vez logremos que non só que lean senón que amen o que len.

Anónimo dixo...

La primera vez que... me perdí en un centro comercial , empecé a llorar,a patalear.Toda la gente se quedo mirándome como si no existiera nadie mas.Solo yo.

Anónimo dixo...

Hola querido rato:
gustoume moito contar a nosa primeira vez de cousas que nos pasaron de pequeniños.A miña primeira vez... esta públicada no blog.Espero que ao leer a nosa primeira vez que te rias un pouco.
Un bico.

Anónimo dixo...

A primeira vez que...me chamaron para ir a un cole estaba mortiña de medo e de nervios, deu a casualidade de que fun parar ao cole "José Cornide Saavedra", na que traballa un profesorado marabilloso e moi comprometido coa súa tarefa. Dende o primeiro día sentínme como se levara alí toda a vida. Aprendín moitísimo de cada un de vós. Sempre gardarei un gran recordo de este o meu primeiro cole.

Anónimo dixo...

A primeira vez que me perdín en TOYS R ARUS despisteime e unha chica levoume a onde cobran os xoguetes chamaron os meus pais polo microfono.