En vísperas da festa coa que remataremos este tema, concluimos os nosos Cadernos. Nestas imaxes podedes ver as páxinas do álbum Catarina e Lourenzo, feitas por nenos e nenas de idades moi diversas.
O que comezou como un libro baleiro, é hoxe un poemario ilustrado, personalizado por cada un de nós, a partir dos textos e ilustracións cos que o Rato nos foi agasallando semana tras semana.
3 comentarios:
A verdade é que traballades máis neste cole que eu nos últimos dez anos xuntos. Son unha beleza estes álbumes que vin por aqui.
Iso mesmo me dixo un amigo meu, o trasno Michael, que lembrou un vello poema da tradición oral escocesa que aprendera sendo un trasniño da vosa idade, e que gostaria de compartir con todos nós. Vai dedicado AO SOL, e di asi:
Eu te saúdo, Sol das estacións,
Na tua viaxe polos altos ceus.
Rastro indelébel no cimo dos montes,
Señor amábel de todas as estrelas.
Mergullas sereno nas tebras do mar,
Ninguén te toca e nada ti sofres.
Despois te levantas da calma das ondas
Como xove príncipe coroado de rosas.
Como vedes, en todos os lugares e tempos celebramos como se merece a natureza, a nai de todos nós, e o misterio do universo, pai da nosa imaxinación.
Como Catarina e Lourenzo.
Alguén sabe dalgun poema ou canción máis que queira compartir?
Que bonitos quedarón os cadernos de Catarina é Lourenzo.Todos nenos do no colexio, pintamolo e coidamolo con moito cariño como se fose un tesouro. A verdade e que odos os libros son un tesouro que hay que coidar.
Un bico
OS NOSOS CADERNIÑOS DE CATARINA E LOURENZO QUEDÁRONOS MOI MOI CHULIS COMO PODEDES VER. AO LONGO DESTOS MESES FUMOS TRABALLANDO DIFERENTES POEMAS ADICADOS AO SOL E Á LÚA COS QUE O RATO NOS ÍA SORPRENDENDO.
Publicar un comentario