luns, 26 de maio de 2008

¡Noticia exclusiva! (Texto colectivo de 1º e 2º)

Os nenos de 1º e 2º (dragóns e serpes) descubrimos o misterio da casa do Sr. Rato.
Ja, Ja, Ja, sempre quixemos saber onde vivía o Rato, e foi así como o atopamos:
Cando as nosas nais estaban nunha reunión, fomos á biblioteca e vimos dous furados na parede.
E mirando no burato, un neno (Dani) viulle o rabo ao Rato.
Outros nenos tamén o viron.
Pedimos a todos que non o molesten cando esté descansando.


4 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Que traballo de documentación tan PRECISO.
E sabedes se o rato ten familia?
Ten ratiños ou ratiñas?
Viven con el os seus pais?
No verán, colle vacacións?
Onde ten a aldea?

Anónimo dixo...

Amigo Rato: xa te pillaron!!!
Para o Antonio: a vida do Rato é-che ben interesante, e dá-me a min que para cada un de nós che ten unha cara diferente. Mesmo non sei se en vez de caras haberia que falar de espellos onde a nosa imaxinación se pon a bailar. Que vos parece?

Anónimo dixo...

Rato ahora xa sabemos donde te agochas.Pero tranquilo que non che molestaremos. Un bico grande

Anónimo dixo...

Un segredo...eu tamén vin ao Rato a semana pasada na clase dos máis pequenos. Alí está moi contento e pásao moi ben escoitando as cancións tan fermosas e divertidas da profe Bea. Espero que o volvades a ver, aínda que cousa difícil porque este rato é dun espabilado...
Un bico.