martes, 29 de abril de 2008

Que chova, que chova!!

Non nos importa: QUE CHOVA NA ESCOLA!!
Temos un paraugas moi especial. Por agora está en mans do Avó Rato e, ademais de ser un bo refuxio para a auga, permite soñar e aprender.


Nós mirámolo atentamente e localizamos nel moitas constelacións das que coñecemos.
Gustaríanos que o Rato felicitase a quen o imaxinou e fabricou.
Pode haber mellor xeito de aprender as estrelas, que levando a bóveda celestial collidiña coas mans?

3 comentarios:

Cristina Novoa dixo...

Paraugas bonito ten vostede, Señor Rato.... moito me gusta!!!!

Anónimo dixo...

E moi bonito ademais trae constelacions.

Anónimo dixo...

O paraugas é moi fermoso a mín gustariame ter un na miña casa pra ir pola calle protexendome da choiva.