O poemario leva por título Catarina e Lourenzo. É un álbum que non ten dianteira nin traseira, xa que pode abrirse dos dous xeitos. A metade das súas páxinas son moi escuras, como a noite; a otra metade son azul claro, como o ceo de día. Todas elas chegaron ás nosas mans ...baleiras!! pero ímolas enchendo pouco a pouco: o Rato envíanos un poema cada semana e nós situámolo na folla correspondente.
O Caderno de astronomía é exactamente iso: un caderno no que debuxar, pegar e escribir algunha das cousas que andamos a aprender sobre a lúa, o sistema solar...o universo.
Ámbolos dous gústannos moito.
4 comentarios:
Ola Sr. Rato,
Canto botei en falta estes "ratiños" comentando os marabillosos traballos dos nenos e nenas do teu cole!! Aínda que nunca deixei de mirarvos a través desta fantástica xanela.
Bicos e tempo!!!!
CON CADA TEMA APRENDO,
ESCOITO O QUE FACEDES,
DE QUE VOS DISFRAZADES,
OS XOGOS OS LIBROS.......
E SOBRE TODO ESES MARAVILLOSOS CUADERNIÑOS........
EU NON RECORDO PASALO TAN BEN NO COLE
PARABENS............
RAÍÑA SEREÍÑA
Publicar un comentario