luns, 28 de abril de 2008

Mateus envía unha adiviña... complicada!

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Amigos:
Vou-vos axudar un pouco, en forma de pista: é un dos grandes temas que tratan case todos os poetas... Por certo, o Rato preguntoume como era a foto, está aqui: (http://busc.usc.es/A_Biblioteca/Actividades/letrasga03/aviles_lugris.jpg), con Urbano (http://gl.wikipedia.org/wiki/Urbano_Lugr%C3%ADs_Gonz%C3%A1lez) e Antón (http://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Avil%C3%A9s_de_Taramancos)dando unha volta polos Cantóns, como grandes amigos que foron (http://bvg.udc.es/LetrasGalegas/Estudios/amizademaritima.html).
A ver se coa axuda das constelacións dades coa resposta, meus camaradas...

Anónimo dixo...

Pensamos que pode ser: o corazón ou o amor. Por favor, danos máis pistas. Un saúdo dos nosos corazóns.

Anónimo dixo...

Amigos meus, vexo que a saiva das árbores vos anda tamén fluindo polas veas nesta primavera. E con ela, coa estación en que a Terra se despreguiza do inverno, comeza a abrollar un pequeno sol nos ollos dos seres humanos.
Andades moi cerca, amigos serpes e dragóns, vou-vos dar a pista definitiva, en versos do propio Avílés de Taramancos:
"Podo pasar a eternidade vendo
como o paso do tempo non se atreve
con ese noso instante renascendo".
Será unha desas respostas que destes? Que vos parece?

Anónimo dixo...

¿Pode ser o alma ou o espiritu, que nunca morre?

Anónimo dixo...

David:
Contan que o que nunca morre é o primeiro... (esta pista creo que xa vos achega á resposta, que é unha das catro que dixestes).

Anónimo dixo...

Querido Mateus: eu coido enton, que a solucion da adiviña e o alma. E asi?

Anónimo dixo...

Meu querido David:
Non che é a alma, ainda que a solución desta adiviña si pode axudar a que sexa máis grande e fermosa...

Anónimo dixo...

Poucas opcións me quedan: coido que é o amor.

Anónimo dixo...

Asi é, meus amigos:
A resposta é o amor, tema eterno para todos os seres humanos, e para as criaturas do bosque tamén...

Saúdos.

Anónimo dixo...

Adiviña:
"Un pratiño de noces
que pola noite se espallan
e polo día se esconden"

Resposta: as estrelas

Anónimo dixo...

pode ser o sol, mateus

Anónimo dixo...

Anónimo:
Pode ser o sol, claro, por iso os namorados din-se un a outro o de: meu sol.
Talvez porque a luz do sol é tan ampla e vital como a que ven do amor, non cres?

Saúdos trasneiros.