Nestas imaxes podedes ver a actividade que se xenerou na escola ao recibir a miña invitación para o Museo: coñecimos a figura de Don Francisco de Goya y Lucientes a través dun dos seus descendentes; observamos cinco das súas obras; reconstruímos unhas reproducións que apareceron rompidas; aprendimos pintura seguindo os bocetos do artista... e mesmo houbo quen se convertiu en personaxe dalgún dos seus cadros!
Encántame convidar a estes nenos e nenas! RATO.
2 comentarios:
Preciosa actividade. A sensibilidade artística tamén se pode transmitir. A emoción pola arte tamén se pode ensinar.
Parabéns
Carammmbaaaa... Avisaran-me no meu estúdio de pintor celeste de que aqui, neste cole, se estaban facendo descubertas de ouro dentro dos nenos, e vexo que si, que os piratas que me informaban disto dician, por unha vez, a verdade.
Enfin, proseguide asi, amigos e amigas, que neste cuarto do vello mariñeiro disfruto, co meu grande amigo Antón, o de Taramancos, destas mensaxes que recibo na liña de flotación dos soños.
(E grazas tamén por traballardes con cadros meus, que vexo despois de ir de visita polas miñas obras Coruña adiante).
Publicar un comentario