... Saboreouno compracido, e logo foi dándolle un bocado ao mono, ao raposo, ao león, á cebra, á xirafa, ao elefante e á tartaruga.
E a lúa sóubolles talmente a aquilo que máis lles gustaba a cada un deles.
Hai xa uns días compartimos na Hora do conto as imaxes e o texto deste fermoso libro.
Con el iniciamos o noso tema Entrambos. Soubemos así dunha historia que amosa o valor da colaboración e o traballo en equipo e, no remate da lectura, pechando os ollos, saboreamos tamén nós un bocadiño de lúa.
E a ti? A que che sabe a lúa?
14 comentarios:
A min sábeme a pan recén cocido no forno preto da casa do meu pai, ás mazás ás que miña nai sacaba brillo antes de poñer no froiteiro do comedor, sábeme a... sábeme moi ben!!
A nós sábenos a xelados,filloas e queixo.
Nos sabe a amistade e amigos.
Nos sabe a gominolas e chocolate.
Sabenos como as patacas fritas, a auga e espaguetis.
Tan rica como o chocolate branco, o chocolate negro e as castañas.
Bicos a todos os nenos e nenas do mellor cole do mundo, o Jose Cornide.
A min seempre me sabe distinta... pero esta mañá... segundo ía para o traballo moi cediño, aínda estaba a lúa toda gordocha no ceo subida... e sóubome rara... é que viña eu de lavar os dentes...
Mala Malona
A mí me sabe a bizcocho relleno de uva, con cobertura de chocolate. Es lo que tengo ahora en el horno... Y un poco a fuego: esta noche un poco tormentosa asomaba entre las nubes tal que un incendio.
Felicidades por el blog.
A mel e castañas.
A min sabeme a turrón
Me sabe a manzanas asadas al horno, saboreadas frente una chimenea, al lado de una persona entrañable, con un buen libro y el chasquido de fondo de la leña que arde.
Que ricas, que rica a lúa.
A nós a lúa sabenos a: marmelada,queixo,lasaña e callos.
El otro día lo contaba con un grupo bastante numeroso y ganaron la pizza y las migas. Lo segundo me extrañó un poco, pero cada uno sabe a qué le sabe doña Luna...
Un abrazo
Publicar un comentario