xoves, 28 de xuño de 2007

Aos nenos e nenas.

Escoitades o son? Está a vos dicir Eu marcho de vacacións.
A verdade é que estou algo canso.É moito o que levo aprendido neste ano, aínda que non tanto coma vós. Foi estupendo vivir un curso máis nesta Biblio e nesta escola.

Agora precisamos descansar porque...hai moito, moito que vivir no vindeiro curso. Alí estarei. Mentres tanto, na porta queda o Avó rato, custodiando e agardándonos. Un bico.

5 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Marchamos coa ilusión de que no vindeiro curso volvamos a compartir xornadas tan fantásticas como a da Festa Pirata.
Unha aperta e Felices Vacacións!!

Anónimo dixo...

Amig@s:
O Comite Internacional tamén se despide, polo de agora, de vós. Fomos chamados pola voz da Alta Mar á nosa tarefa primordial: continuar o traballo invisíbel de asegurar áncoras de luz en todos os portos onde sexamos benvidos. Ainda asi, é ben seguro que veredes os reflexos das nosas velas (máis fermosas que nunca co voso ánimo) ao fondo do mar (se é asi contade-llo só á mellor amiga ou amigo, porque precisamos manter certa discreción sobre as nosas actividades): nese caso formulade en siléncio un desexo, e faremos o imposíbel por corresponder-vos (e non só agora, senón en toda a vosa vida).
Saúdos piratas, e non deixedes de cantar nunca as cancións que aprendemos na Illa: teñen a descomunal forza dos que nunca nos rendemos ante as apariéncias que nos rodean.

Anónimo dixo...

Quería agradecer a toda la comunidad educativa:padres,madres,profesores ,alumnos,abuelas/os...por hacerme sentir como en casa durante estos dos cursos.Espero que esto no sea una despedida,aunque lo sea en el día a día; estaré pendiente de vosotros ya que os aprecio de verdad.
Hasta el siguiente curso y a seguir trabajando con tanto cariño.Besos y APERTAS PODEROSAS

Anónimo dixo...

Xa me toca ir a secundaria,
onde teño que seguir a traballar,
máis non quero, non quero saír do meu fogar.
Amigos, a miña escola ei regresar,
onde aprendín a estudiar e
onde aprendín a xogar.

Anónimo dixo...

A min gustame moito esta escola desde o dia en que empecei ata o que remate porque aprendi a ler, traballar e moitas cousas mais.