A profe Carmen e máis a súa amiga Raquel, que é unha experta en lingua de signos, nos contaron esta historia dun crocodilo e unha xirafa pero a profe Carmen contounolo con palabras, e Raquel usando as súas mans.
A profe Carmen e máis a súa amiga Raquel, que é unha experta en lingua de signos, nos contaron esta historia dun crocodilo e unha xirafa pero a profe Carmen contounolo con palabras, e Raquel usando as súas mans.
No noso cole tanto non facemos, pero para celebrar o ano novo chinés, que este ano cadrou o 29 de xaneiro, collemos este conto da nosa biblio e coa axuda de Iván e Noé , a profe Ana contounos a lenda de por que o dragón é o máis apreciado en toda China.
Mentres a profe lía unha folla en galego, Iván e máis Noé lían un cachiño en chinés, e así todos puidemos apreciar como é a músicalidade e a escritura dese idioma tan diferente ao noso.
Apuntáronse tamén ao paseo Martín, María e a profe Isabel.
Desfrutamos do paseo, os pequenos da man dos maiores, que os coidaron con moitísimo cariño.
O parque de Vioño estaba precioso, coas suas cores de outono, e fomos fixándonos no que había no entorno: a rúa María Wonenburguer, a fábrica da Estrela de Galicia, os arces coas follas de cor marrón, amarela, vermella...
Logo, ao chegarmonos á biblioteca, os maiores escolleron contos para mostrarlles aos pequenos e todos estiveron moi atentos.
E daquela aparece a morriña.
Este é o conto que nos veu contar Laura Rey, unha amiga da profe Carmen, coa que todos desfrutamos moito.