venres, 26 de abril de 2024

A historia dunha xirafa moi especial

Unha xirafa camiñando polas rúas de París en 1827 deixou a todo o mundo abraiado. ¿Qué era esta estraña criatura con cornos, metade cabalo, metade camelo, con pernas incríblemente longas e lingua negra?

Zeraffa Giraffa  é unha historia dunha xirafa que é enviada dende África como agasallo ó rei de Francia. ¿Cómo poderá unha xirafa cun pescozo e unhas  patas tan longas realizar esta viaxe?

Grazas ó pai de Laura Sanmartín puidemos descubrir o final desta impresionante historia






martes, 23 de abril de 2024

Día do libro

 Polo día do libro os nenos e nenas do cole gozaron dunha xornada moi especial protagonizada polos maiores do cole que escolleron un libro para contarlles ós máis pequenos. Un apadriñamento lector ó aire libre que a todos deixou encantados e con ganas de máis.









luns, 26 de febreiro de 2024

xoves, 18 de xaneiro de 2024

 

Pica na imaxe para ver o vídeo das nosas actuacións.


luns, 13 de novembro de 2023

Unha viaxe estelar

 Neste cole recibimos moitas visitas e no referente ás viaxes non nos poñemos límites. Neste caso acadamos un novo record saíndo do planeta Terra e descubrindo todo o sistema solar en inglés, nunha divertida representación que nos deixou abraiados.





Unha visita moi especial

Xa chegamos a Cuba e que mellor guía para coñecer este país que a familia de Valentina que decidiu agasallarnos cunha presentación moi especial do seu país natal e incluso demostrándonos as suas dotes para o baile.

Os nenos de 5º e 6º leron uns versos de José Martí e a nosa querida Ana dinamizou a presentación deste país ó que tanto cariño lle ten.

Incluso Faustino vestiuse para a ocasión.





venres, 3 de novembro de 2023

Unha xornada terrorífica

 Bo día amiguiños e amiguiñas... espero que vos guste a miña sorpresa.

 O samaín é unha das miñas festas favoritas como xa sabedes e encantoume vervos a todos e a todas disfrutando dese corto terrorífico que fixemos con tanto cariño e esmero o meu mítico amigo Jose e mais eu.

E así todo o barrio descubrirá que os máis monstros de todos os monstros do mundo mundial son os pícaros e pícaras do José Cornide!!



A continuación déixovos  unhas fotiños para que poidades disfrutalas na casa. Noraboa tamén os gañadores do concurso de cabazas, estaban de medo!!


Vémonos pronto nunha nova aventura, ide preparando as maletas con destino a...............