OLA!! Eu son RATO, o voso amigo que vive na bibioteca.
Que contento estou!!xoves, 16 de setembro de 2021
BENVIDOS AO COLE!!
venres, 21 de maio de 2021
MAIO DE FLORES E LETRAS
Neste maio de flores e letras celebramos a nosa lingua dunha maneira moi alegre!!
Fixemos entre todos un maio con herbas e flores traidas das nosas aldeas e fincas e, para seguir a tradición, cantamos cantigas populares e poemas de Manuel María e outros ao seu redor.
E para a celebrar o 17 de maio, xuntámonos no patio e cantamos e recitamos nesta fermosa lingua que como un tesouro nos deixaron os nosos maiores.
MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO!!
A rapazada de 5º e 6º cantou a cantiga LINGUA GUAPA (letra de Fina Casalderrey e música de Nestor Blanco)
A cativería de 3º e 4º cantaron a cantiga popular UNHA VELLA TIÑA UN CAN...
Os pícaros de 2º cantaron a canción O BURRIÑO (letra de Manuel María e música de Suso Vaamonde)
Os pequerrechos de 1º cantaron MIÑA ABUELA MANUELA (do grupo Migallas)
Os meniños de 4 e 5 anos, ensinaron a todo o mundo os traballos que hai que facer, se pan de millo queres comer (do grupo Migallas)
E recitaron o poema A POMBIÑA BRANCA de Gloria Sánchez
venres, 26 de febreiro de 2021
DÍA DE ROSALÍA
Ola de novo a todos e todas! Estes días o vestíbulo do cole convertíuse nun plató de televisión! Todos os nenos e nenas pasaron un por un diante da cámara, por suposto respectando sempre as medidas de seguridade, para recitar moi moi ben uns poemas co gallo da conmemoración do nacemento da nosa Rosalía de Castro. Déixovos aquí a testemuña!
Gozade moito do vídeo e dos nosos poetas! Boa finde!
luns, 11 de maio de 2020
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano 2020 o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
Tedes a continuación un enlace ás actividades que aparecen na páxina web do cole:
E aquí tedes un conto deste autor que me encantou:
domingo, 10 de maio de 2020
REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021
Na páxina web do cole, tedes toda a información referente ao proceso de admisión de novo alumnado para o próximo curso 2020-2021.
mércores, 6 de maio de 2020
OS CONTOS DE XOSÉ!!!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!
Temos aquí unha nova entrega dos Contos de Xosé. Grazas compañeiro por facernos rir tanto nestes días!
Bicos para todos e todas do rato da biblio.
luns, 4 de maio de 2020
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Quero deixarvos aquí un vídeo dun conto moi bonito que temos na biblioteca e que nos fai pensar e recapacitar sobre este tema.
Invítovos a lembrar a Mara (porque xa a coñecemos algún día no cole), unha nena que pasou de ser unha orelluda a ter unhas fermosas orellas de bolboreta.


