mércores, 25 de setembro de 2019

PRIMEIRO DÍA NO COLE!!

Primeiro día no cole!
Cariñas ledas, cariñas de susto, cariñas de contento...
Todos agardamos un curso estupendo, con momentos de estudo, de diversión .
Este verán andiven buscando que ofrecerlles aos nenos e profes do José Cornide e pareceume que este debía ser un curso de moita CIENCIA e de moita FICCIÓN.

A profe Ana fíxome caso e contou a historia do "Principiño" e as súas aventuras por planetas habitados por extrañas xentes.

Pero, seguindo a tradición, os cativiños cantaron por primeira vez "Pola unha media lúa"

E encargueille a Jose, que nos fixera o mural de benvida, onde todos nos retratamos, cunha paixase de Ciencia - Ficción



Agardo, entón, que vaian xurdindo moitas sorpresas, que nos leven a todos ATA O INFINITO E MÁIS ALÁ!....

domingo, 23 de xuño de 2019

Marchamos de excursión!


O pasado día 20 de xuño os nenos e nenas do Cornide marcharon de excursión, e eu non quería ser menos! así que metinme na mochila do profe Rafa e tamén fun de aventura a Marcelle. Vimos moitísimos animais e pásalo requeteben!!





mércores, 12 de xuño de 2019

luns, 10 de xuño de 2019

Festa das familias!


O venres saín do cole para poder ver as actuacións tan ben preparadas que tiñan os nenos e nenas do cole. Os máis pequenos cantaron e recitaron poemas de grandes poetisas latinoamericanas, as nenas e nenos de 1º e 2º de primaria faláronnos dos ecosistemas de América do Sur e representaron tamén unha obra de Antón Fraguas. A aula de 3º e 4º narrarou un poema e nos explicou como fora a civilización dos Incas. Os maiores explicaron e representaron a emigración galega a América.
Desfrutamos un montón ensinando ás familias todo que fixéramos e a súa cara de ledicia ao vernos. Moitas grazas por vir!

martes, 28 de maio de 2019

Obradoiro do Nicolasiño


A semana pasada tivemos a sorte de ter no cole un obradoiro sobre o libro Nicolasiño, que xa o leron os nenos e as nenas de 3º e 4º de primaria e agora llo pasaron os de 5º e 6º.
Neste obraoiro, interpretaron algúns fragamentos do libro o alumnado de 3º a 6º de primaria. Foi unha actividade moi amena e divertida. Moitas grazas por vir!


 


martes, 21 de maio de 2019

Letras galegas!


Como tódolos anos, o 17 de maio é o día das Letras Galegas, no que se homenaxea a unha persoa importante para a nosa cultura. Esta edición é adicada a Antón Fraguas,  un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.
Descubrimos a súa vida, a súa obra, teatralizamos unha peza e ata bailamos unha muñeira!



xoves, 16 de maio de 2019

Músicas de Latinoamérica


En relación o noso proxecto Facendo as Américas, o 10 de maio Fran e Marina viñeron tocar unhas pezas latinoamericanas. Desfrutamos un montón bailando e coñecendo novas músicas. Como vedes, o profe Marcos non se puido resistir e tamén tocou algunha canción con eles.
Moitísimas gracias pola visita!