luns, 25 de marzo de 2019
CONTACONTOS
O venres, cando aínda estaba espertando co fervor dos nenos e nenas por chegar a escola, escoitei unha voz forte e grave. Asomeime ao vestíbulo para ver quen era e, sen esperalo, vin a Iago López que estaba a contar o seu conto O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas.
Como nos gustou!
Que ben o fixo!
xoves, 7 de marzo de 2019
domingo, 3 de febreiro de 2019
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro conmemórase o día da paz e, no cole, non pasamos sin festexar as datas importantes!
Para esta ocasión contamos co pai de Raquel, que nos contou a labor que fai en diferentes países de África.
Tamén, contamos un conto e cantamos unha canción en varios idiomas a prol da paz e da non violencia.
Acordádevos, un día para festexar e 364 días para levalo a cabo!
![]() |
Mural que fixeron entre todos |
venres, 25 de xaneiro de 2019
Contacontos!
Onte, escoitei falar dunha ratiña e saín da biblioteca para averiguar o que acontecía. Era unha parella de contacontos relatando o conto da ratiña presumida, como me gustou! o mellor de todo foi que contaron 4 contos máis, con música e todo.
Estes rapaces de Kalandraca son estupendos, fixérono requeteben!
Deixovos unhas fotiños para que vexades as nosas caras de ledicia.
Ata a próxima aventura!
venres, 18 de xaneiro de 2019
Probando cousas diferentes!
Hoxe, como parte do noso proxecto Facendo as Américas!, probamos algo moi típico de Argentina, Uruguay, Paraguay e zonas de Bolivia, Brasil e Chile; o mate. É un tipo de infusión moi común no cono sur de América no que se utiliza moito como unha maneira de compartir e sociabilizar.
Vendo as caras de algúns nenos e nenas debe ser algo amargo, mirade!
martes, 8 de xaneiro de 2019
Festival de despedida
O venres 21 de decembro despedimos o primeiro trimestre e ao noso querido MAC.
O salón onde tantos anos levamos celebrando os nosos grandes eventos, pecha o 31 de decembro.
Por iso quixemos despedilo por todo o alto, bailando unhas pezas, dando as grazas por tanto ás personas que alí traballan e recibindo a visita dos mismísimos Reis Magos.
Como nos divertimos!! Que ben o pasamos!!
xoves, 20 de decembro de 2018
Fran e Marina viñeron gravar!
Este domingo dende a miña casiña vin como entraban na biblioteca estes músicos, que pasaron todo o día tocando jazz e música brasileira. Marina canta, Fran toca a guitarra e Miguel toca a percusión.
Díxenlles que me gustara moito a súa música e convideinos a vir un día o cole cando esteades vos.
Deixovos unha mostra de como ensaiaban, esperamos algún día poder escoitalos e coñecelos no noso escenario.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)