xoves, 23 de marzo de 2017
luns, 6 de marzo de 2017
XOSÉ IGLESIAS, O POETA DO MAR
Que sorte que faga mal tempo!!
E se ben non pescou no mar, sí que conseguiu que todos caesemos na súa rede. Porque nos puxo un cebo moi apetitoso. A todos nos leva idea o mar, a praia, o peixe e o marisco... pero non imaxinabamos que o mar pode ser fluorescente cando hai mar de ardora; e non sabiamos que hai tiburóns peregrinos de tres e catro metros moi pertiño de Riazor (sen dentes, ollo!), e tartarugas enormes perto da torre de Hércules, e golfiños en Santa Cristina...
Nun barco de 9 metros anda de luns a venres a procurar o seu sustento pescando para nós. Pesca xarda, salmonete, polbo, abadexo, rape, centola, sardiña..... e coñeceu o mar de Rockall, perto de Irlanda, para caer na conta de que o seu mar é este, o mar de María Antonia. Se o vedes por aí, a faenar no "Primeiro Villar", saudádeo, que estará encantado de responder coa súa buguina.
Aquí o tedes en acción, recitando un dos seus poemas.
Medre o mar!venres, 3 de marzo de 2017
xoves, 9 de febreiro de 2017
FESTIVAL XUNTARTE
Aproveitei para coarme alí, e reunirme cos meus colegas ratos, e gravamos en segredo un vídeo da súa actuación, que aquí vos agasaiamos.
Está tal como saiu, con tódolos "accidentes" que ocurriron durante a representación, para que vexades que airosos saíron os rapaces do Cornide desas dificultades. É que cando hai táboas...
luns, 6 de febreiro de 2017
UNHA CLASE "COLLIDA CON PALILLOS".
Xa que entramos no novo ano chinés, o ano do galo, decidimos achegarnos un pouco a esa cultura milenaria.
Susana aceptou ensinarnos como comen na súa casa e deunos unha lección cos pauciños chineses.
Resultou máis complicado do que parecía, a algún pícaro poucos gusanitos conseguíu pillar.
Esperemos que na proxima lección encheremos un pouco máis o bandullo.
Aquí vos deixo un tebeo que relata o que aconteceu ese día.
Ata a próxima lección.

mércores, 1 de febreiro de 2017
NOVO ANO CHINÉS E DÍA DA PAZ
Para celebrar o día da PAZ no noso colexio, escollemos un conto chinés que fala do nacemento do dragón, como símbolo da paz na cultura china, e así conmemorar tamén o ano do galo que comeza.
Marisol leu o conto, que temos na biblioteca escrito en galego e en chino. As ilustración vímolas na pantalla e son espectaculares.
Despois, os cativos de 5º e 6º, cantaron con percusión de pauciños chinos "Soio con tres letras".
Quedamos todos contentos e con moitas gañas de que o mundo sexa dunha vez un lugar en paz.

luns, 16 de xaneiro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)