luns, 27 de outubro de 2014

SANDRA , RAQUEL E UN BECHO ESTRAÑO!





O venres 24 de outubro, seguindo cos contos  da  miña numerosa familia, Sandra e Raquel presentaron ao membro máis estrafalario dos meus parentes.
Un rato que se convirte en ovo, e un ovo que se volve rato segundo o vento, a chuvia, un lóstrego ou un susto quite ou poña as partes do seu corpo.
Con este conto misterioso, Sandra e Raquel fixéronnos un regalo fermoso.


Aproveitando que estabamos todos xuntos e contentos, repartimos o caderniño de traballo que faremos nestes meses para aprender todos xuntos sobre rodas e raís.
Fixádevos ben e boa viaxe.




xoves, 9 de outubro de 2014

BENVIDOS AOS NOVOS PASAXEIROS...IREMOS SOBRE RODAS!


Quero dar a benvida  á xente nova que vai vir connosco de viaxe neste curso.






As profes novas: Genma, Patricia y Lucía
As profes de prácticas: Alba, Sandra, Raquel e Michelle
E queremos saudar tamén aos nosos amigos que viñeron sobre rodas desde Alemania, para compartir dúas semanas da nosa viaxe.


Aquí están Cagla, Aylin e Kilian con caras de ter pasado momentos inesquecibles.
Deixades neste colexio moitos amigos, volvede cando queirades.

venres, 19 de setembro de 2014

PASAXEIROS AO TREN... COMEZAMOS A VIAXE!

Xa estamos aquí de novo, con forzas e ilusións  renovadas. Vellos amigos e cariñas pequenas que esperan facer moitos amigos, aprender moitas cousas e sobre todo pasalo moi ben.


Comezamos escoitando un conto que nos fala das mentiras que nos contan os maiores para enganarnos e como lles temos que berrar "ISO É MENTIRA"

E, para rematar, debuxámonos montados no tren deste curso, que vou conducir eu, por suposto. Boa viaxe a todos.

martes, 10 de xuño de 2014

luns, 26 de maio de 2014

VIDE Á NOSA... "FESTA SACHADA"

Esta vez imos actuar nun salón grande, grande, con sillas para que todos vos sentedes. Así que queremos dar as grazas aos amigos do MAC por deixarnos de novo as súas magníficas instalacións, e dicirvos que vos esperamos a todos para disfrutar desta festa.
Lede con atención o programa que promete ser espectacular.
Ata o xoves!!!



luns, 19 de maio de 2014

UN PASO ADIANTE... XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O día 16 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, agardando que haxa moitos días máis cada ano. Este ano lembramos e fixémos a homenaxe a Xosé María Díaz Castro. 

Marisol explicounos a orixe deste día e do noso idioma, e despois vimos un vídeo sobre Díaz Castro.


Os pícaros de 1º ciclo recitaron o poema "Esmeralda"


Os de 2º ciclo "Terra Sucada"

E, para remate, os de 3º ciclo, dun xeito moi rapeiro, fixéronnos bailar co poema "Penélope"

Aproveitando que estábamos de festa, todos xuntos, felices e contentos, houbo unha rifa.
Cinco leitugas, sementadas, regadas, e coidadas polos nenos deste colexio, foron sorteadas unha por aula.
Aquí vedes as caras de ledicia dos afortunados gañadores.
 Que vos aproveite!

venres, 9 de maio de 2014