luns, 24 de setembro de 2012

XA ESTAMOS TODOS DE VOLTA!


Xa estamos todos xuntos aquí con moita alegría e gañas de aprender neste novo curso que comeza.
 Temos novos compañeiros no cole: Mikel, Oier, Elena Caridad, Elena Castro, Zoe García, Zoe Iglesias, Antón, Miguel, Ericsson, Alex, Cosmina e Desi. A todos eles..... BENVIDOS!!
Así que, o primeiro é facelos socios desta nosa biblioteca, para que poidan disfrutala. Tamén lles deixei ver a entrada da miña casa na parede, e escoitarme grazas á campaíña.
Aquí os vedes recibindo o carné que fixen para eles.

       

Despois do recreo, a profe Marisol leunos o conto dun gato pillabán e comellón, que por querer cear seis veces cada día, e enganar aos seus amos, tivo que acabar indo ao veterinario...seis veces!


Espero que o pasemos moi ben este curso, que fagamos moitas actividades divertidas, e que me escribades moitas cousas neste blog.
   ATA MOI PRONTO!
                                                         

 

venres, 22 de xuño de 2012

Amigas e amigos:
Remata xa este curso, mais non as gañas de seguir disfrutando durante este looooooooooooongo verán que agarda. Eu estarei no bosque traballando e trebellando. O amigo Rato seguramente irá á praia e fará excursións ben divertidas para buscar saberes que compartirá convosco o curso que ven, aló por setembro. E... vós? Supoño que estaredes xogando e repasando o que aprendestes no cole estes meses, e estirando os días como un enorme arco da vella desde a mañá ata a noite. E, por suposto, non deixedes de botar un ollo aos Xogos Olímpicos, non vaia ser que apareza por alí Pepiño, como xa ten pasado outras veces. E non esquezades soñar sempre cos ollos abertos: así facían xenios e xenias como Maruja Mallo. E, por suposto, nunca deixedes de cantar e bailar!!!!!!!

luns, 11 de xuño de 2012

PEQUENOS SI... PERO GRANDES LECTORES!

Venres, 8 de xuño, grande expectación no colexio. Eu, o voso amigo Rato,  decateime de que xa houbera moitos adultos lendo para nós, asi que para rematar os contos compartidos dos venres, tiñan que ler os que máis usan e disfrutan da biblioteca, os pícaros, os cativos, os nenos, vós.

Noemí de 1º, Laura de 2º, Alba de 3º, Lucía de 4º, Sergio de 5º e Sara de 6º, escolleron os seus contos máis queridos e subiron ao escenario para lelos con todo o seu sentimento, e como homenaxe a este curso que xa remata.

E a verdade é que non sabería dicir cal deles me marabillou máis.


luns, 28 de maio de 2012

SOMOS DE PRIMEIRA!!!


O DEPOR XA VOLVE SER DE PRIMEIRA!!
No cole tamén houbo unha gran celebración. 

                                                                                                                   

Ata Pepiño Grilo, que xa avisou que viña apoiar ao Depor, escapou da súa gaiola e aquí o tedes, no estadio de Riazor, berrando CRI,CRI, CRI xunto aos xogadores e celebrando a victoria.
Dende aquí  dicímosche: PEPIÑO, VOLVE CON NÓS, que te botamos de menos e queremos que nos contes como che foi indo de festa rachada con todos os seguidores do Depor.
PEPIÑO, TEN SENTIDIÑO!!

mércores, 23 de maio de 2012

CHEGOU PEPIÑO!!!


Hoxe, martes 22 de maio, foi o día elixido por un amigo moi especial do cole para voltar xunto a nós como cada curso, desde Portugal. É o noso Pepiño, que xa tiña morriña de estar xunto aos peques de 1º ciclo.
Pero xa sabedes que este grilo é moi xoguetón , e a súa aparición tiña que ser orixinal.
Por iso falou coa profe Ana, e díxolle que esperaba aos nenos escondido na zona traseira do cole, aproveitando a grande altura que teñen agora as plantas...

Ana comunicou a nova aos nenos,e como vedes, puxéronse a buscar a Pepiño con toda a súa maña.
Despois dunha longa e animada inspección, o esforzo tivo a súa recompensa. Apareceu Pepiño, e xa está de novo connosco, como cada primavera. Benvido, compañeiro!!!!

martes, 22 de maio de 2012

FESTA OLÍMPICA

Desde o meu agocho da biblioteca, estiven axexando o que facían estes cativos con tantas medallas e bandeiras, preparando todo e bulindo para mostrar a todas as familias o moito e moi ben que aprenderon deste proxecto olímpico.
O mércores 16 de maio isto foi o que aquí aconteceu:










luns, 14 de maio de 2012

UNHA VISITA OLÍMPICA: ANDRÉS DÍAZ


O venres, 11 de maio, veunos visitar o atleta coruñés Andrés Díaz, que nos falou da súa experiencia nas olimpiadas de Sidney e Atlanta, e de cando conseguíu a mellor marca de Europa nos 1500 metros en pista cuberta en Atenas ,  que aínda non foi superada. 
Aquí vos deixo o video da final de Sidney, na que gañou o diploma olímpico.





Falounos tamén dos valores do deporte, da constancia, do esforzo, do traballo en equipo, da superación...
Contounos anécdotas, respondeu ás nosas preguntas e fíxonos pasar un rato olímpicamente instructivo e...
divertido.

GRACIÑAS, ANDRÉS¡¡¡