luns, 2 de marzo de 2020
xoves, 13 de febreiro de 2020
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DA MASCOTA ACTIVA
Ola amiguiños e amiguiñas!
Cantas cousas vimos o venres despois do recreo!
Despois do conto tan entretido que nos contou a profe Ana "La vaca que se subió a un árbol" realizouse a entrega de premios do concurso da mascota activa.
Que beeeeeeennn! Xa teño unha nova amiguiña. Chámase Herculina e a súa autora recibiu un diploma e un agasallo, ao igual que o resto dos finalistas. Agardo que a poidamos ver próximamente con algo de volume.
Mirade que guapos están recibindo os seus obsequios.

venres, 31 de xaneiro de 2020
30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ
Ola amigos e amigas!!
Mirade que ben o pasamos onte celebrando o Día da Paz.
Cada un fixo o seu cartel da Paz e entre todos e todas construímos o símbolo humano da PAZ no patio cuberto, e.....
ATENTOS!!!! porque o luns continuaremos facendo unha cadea humana no Paseo Marítimo xunto con outros colexios da cidade, ao berro de:
XUNTOS POLA PAZ E A DIVERSIDADE!!
martes, 21 de xaneiro de 2020
XA TEMOS MASCOTA !!!!
¡¡¡ CONCURSO MASCOTA ACTIVA !!!
Ola a todos e a todas!
Entereime de que este curso 2019-2020 comezamos no noso cole co Proxecto Deportivo de Centro. Unha das primeiras actividades que imos a facer é este Concurso da Mascota Activa.
Preciso que me axudedes a buscar un/ha amigo/a que sexa deportista, que me axude a moverme máis, a facer máis actividade física xa que o meu corpo necesita moverse máis.
Estou todo o día entre os libros e necesito facer algo máis activo e non ter unha vida tan sedentaria!!!!
Inventa unha mascota e elexiremos a que máis nos guste entre todos.
xoves, 14 de novembro de 2019
POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO!!!
O día 11 de novembro, foi o día de San Martiño.
E, como di o refrán, peóns ao camiño .
E aínda que facía mal tempo, fixemos coma as nenas e os nenos galegos desde hai centos de anos no outono, xa que este enredo,TROMPO, BUXAINA, PEÓN, "BUJAINA" (en coruño de cando eu era cativo), é un xoguete que ata os antigos gregos facían para os seus pícaros.
Aquí podedes ver como todo o colexio, nenos e profes, demostraron as suas habilidades para bailar todo tipo de peóns, desde os de madeira de sempre (coa súa piola, ferrón...), ata estas modernidades que eu, Rato, non sei nin dicir nin escribir.
Ata outra, compañeiros.

luns, 11 de novembro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)