Xa que entramos no novo ano chinés, o ano do galo, decidimos achegarnos un pouco a esa cultura milenaria.
Susana aceptou ensinarnos como comen na súa casa e deunos unha lección cos pauciños chineses.
Resultou máis complicado do que parecía, a algún pícaro poucos gusanitos conseguíu pillar.
Esperemos que na proxima lección encheremos un pouco máis o bandullo.
Aquí vos deixo un tebeo que relata o que aconteceu ese día.
Ata a próxima lección.
luns, 6 de febreiro de 2017
mércores, 1 de febreiro de 2017
NOVO ANO CHINÉS E DÍA DA PAZ
Para celebrar o día da PAZ no noso colexio, escollemos un conto chinés que fala do nacemento do dragón, como símbolo da paz na cultura china, e así conmemorar tamén o ano do galo que comeza.
Marisol leu o conto, que temos na biblioteca escrito en galego e en chino. As ilustración vímolas na pantalla e son espectaculares.
Despois, os cativos de 5º e 6º, cantaron con percusión de pauciños chinos "Soio con tres letras".
Quedamos todos contentos e con moitas gañas de que o mundo sexa dunha vez un lugar en paz.

luns, 16 de xaneiro de 2017
UN TEBEO CON MOITA HISTORIA
A rapazada de 3º e 4º, coa axuda da profe Sabela, fixeron a historia da Torre de Hércules en forma de cómic.
Pero era un cómic singular, xa que os personaxes que aparecen na historieta son eles mesmos.
Mirade con atención que marabilla de tebeo, e o guapos e guapas que están eles como romanos, ártabros, reis, raiñas e demáis protagonistas da historia deste símbolo da nosa cidade.
Graciñas e unha lembranza moi sentida de todo o colexio á estupenda profe Sabela.
Sorte nos proxímos coles, que eles terán sorte de terte con eles.
Bicos, bicos, bicos...

xoves, 24 de novembro de 2016
MAGOSTO!!
Coa imprescindible colaboración das familias, celebramos un ano máis a festa do magosto.
Comimos castañas, bebimos o leite, e despois divertímonos cuns xogos organizados e dirixidos polos nenos e nenas de 5º e 6º.
Aquí tedes as imaxes.
Graciñas a todos e bo proveito.
Comimos castañas, bebimos o leite, e despois divertímonos cuns xogos organizados e dirixidos polos nenos e nenas de 5º e 6º.
Aquí tedes as imaxes.
Graciñas a todos e bo proveito.
xoves, 17 de novembro de 2016
CHÁMOME JOSÉ CORNIDE
Aquí vos deixo traballo para roer.
Teredes que investigar, aprender e explicar ao mundo enteiro que o ilustrado señor José Cornide sabía moito da nosa Torre de Hercules e dos nosos mares coa súa pesca.
Completade este caderniño que vos fixen e así coñeceredes moi ben á persoa que da nome ao noso colexio.
E todos estaremos aínda máis fachendosos de chamarnos así.
A toda máquina...! Tripulación aos seus postos. Moita atención ás luces do facho... Boa pesca.

luns, 14 de novembro de 2016
MERCEDES QUEIXAS NO NOSO COLEXIO.
A autora do libro "Labrego con algo de poeta", que temos na nosa biblioteca, veu ao colexio a dicirnos como foi Manuel María de neno ata se converter no grande poeta que todos queremos e admiramos.
Mostrounos imaxes da súa nenez, xuventude e casa familiar, a súa vida con Saleta, a súa muller, as tertulias en Lugo e A Coruña. E despois contestou a todas as preguntas que a cativería quixo facer.
E o encargado de agradecerlle a súa colaboración foi Xosé, o seu sobriño, que así de contento lle fixo entrega dun retrato meu que un día me fixeron en Sargadelos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)