Como en cursos anteriores, viñeron pasar con nós dúas semanas un grupo de estudantes alemás. Ademáis de falar alemán, ensináronnos a música doutros idiomas que tiñan nas súas familias e saudaron falando turco, ruso, polaco e tailandés.
Aquilo parecía a Torre de Babel.
Axudáron a tallar cabazas para o samaín.
E contáronnos o conto "El Grúfalo" en alemán, mentres a profe Ana nolo contaba en castelán.
Eu ben vos vin!!
Non pensedes que aínda estou de vacacións, e vexo que chegades con moita enerxía, con moitas gañas de divertirvos e aprender, xogar e disfrutar de todos os contos e historias que vos traio das miñas exóticas viaxes.
Vin cariñas novas, novas profes e vellos profes, e sempre ao noso Jose.
Retomamos os costumes de ir buscar libros á biblioteca do barrio e as nosas actuacións dos venres.
Benvidos a todos, especialmente á Profe Marisol, que xa a botábamos todos de menos.
Aquí tedes un video da última actuación do venres pasado. Un conto moi cochino que a todos nos encanta contar e cantar.
Pica neste enlace e verás a actividade que tivemos o venres pasado na que aprendemos a coidar e respectar mellor o noso medio ambiente. http://bit.ly/22tOmMW
O venres 22 de abril, víspera do día do libro, os nenos de terceiro ciclo homenaxearon dun xeito especial ao cabaleiro da triste figura.
Aquí tedes o que aconteceu no escenario cos nosos estupendos artistas.