mércores, 29 de febreiro de 2012
luns, 6 de febreiro de 2012
UN CONTO CHINO
O venres 3 de febreiro celebramos o ano novo chinés ao grande:
Escoitamos unha lenda na que se fala dos animais que forman o horóscopo chino, e especialmente a historia do nacemento do dragón (龙 ), porque este é o seu ano.
Os ratos de biblioteca temos familia por todo o mundo, así que un primo meu que vive na China, conseguíunos unha contadora de contos daquel país, 吴桂凤, que coas nosas letras escríbese
Wu GuiFeng
Marisol e 吴桂凤 léronnos en chino e en galego mentres víamos as fermosas ilustración que acompañan o texto.
非常感谢 (moitas grazas)
OLÍMPICAMENTE...OLÍMPICA...MENTE...UNHA MENTE OLÍMPICA.
Nesta escola facemos as cousas olímpicamente. Non pasando, senon traballando, investigando, aprendendo... Así que vos propoño conseguir a medalla olímpica do coñecemento. Aquí tedes un proxecto que vos fará sentir coma os antigos gregos e disfrutaredes do que significa o espirito olímpico, e, por suposto e coma sempre O IMPORTANTE É PARTICIPAR.
Lede con atención o que aquí vos deixo:
Lede con atención o que aquí vos deixo:
mércores, 1 de febreiro de 2012
luns, 23 de xaneiro de 2012
NOVO ANO, NOVAS ILUSIÓNS, MÁIS EMOCIÓNS...
O martes, 17 de xaneiro, os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria, foron ao MACUF.
Alí tiveron a ocasión de transformar os seus medos en chocolate, e despois comelos.
Alí tiveron a ocasión de transformar os seus medos en chocolate, e despois comelos.
Foron uns ¡SABOROSOS SUSTOS!
Tamén as profes do museo, mostráronlles unha exposición con obras de artistas actuais na que se mostraban os seus medos.
Saímos do museo sendo moito máis valentes.
O venres 20 de xaneiro, na hora do conto, os nosos amigos de Kalandraka, Patricia e Alex e o seu acordeón, viñeron contarnos as historias do elefante Pancho, da Familia C e dun mago moi singular, un mago que garda soños...nunha caixa de cristal, o Mago Goma.
venres, 13 de xaneiro de 2012
UNHA FESTA EN FEMININO E SINGULAR!!
O día 21 de decembro tiven ocasión de comprobar canto e de que maneira, aprenderon as nenas e nenos do colexio todo o que lles propuxen no caderniño de traballo.
Así que, para comezar ben o día, regaleilles unhas carpetiñas para protexer este e futuros proxectos.
A media mañá, comezaron a chegar as familias, mamás , avoas, papás, avós, padriños..., e algún que outro recen nacido irmanciño .
Todos nervosos, concentrados, ilusionados, os alumnos demostraron que como artistas non teñen parangón no panorama audiovisual galego e parte do estranxeiro.
Aquí están as fotos que o demostran.
Unha vez pasadas as vacacións, vou comezar a pensar no próximo proxecto.... ¡idevos preparando!

luns, 12 de decembro de 2011
CONVIDADOS QUEDADES!
Para rematar co tema Feminino Singular que foi o escollido para este trimestre, faremos unha festa adicada a todas as mulleres, e demáis membros das familias. Os nenos contaranvos todo o que aprenderon e poñerán todo o seu entusiamo e o seu arte para que o pasedes estupendamente.
Quedades todos convidados!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)