Nas mans do meu Avó, no vestíbulo do colexio, deixei onte este libro (con estrela verde: matem/c. naturais) que se elaborou recopilando traballos e saberes no anterior proxecto, en Infantil.
Axiña irá a lucirse nas casas dos autores, para que as familias lean, xoguen pegando e despegando e así, aprendan sobre paxaros.
Hoxe, disfrutámolo todos desde o seu lugar preferente no vestíbulo.
Hoxe déixovos aquí os dous videos que faltan para completar o documental sobre bosques estacionais. ÉSTE fala de bosques caducifolios e ESTOUTRO lévanos ao remate.
Deixo tamén estas imaxes do que anda a suceder no bosque do vestíbulo, que medra e vaise enchendo... mesmo con algún personaxe perigoso que se agocha tras a planta (Loreto tiña razón no seu comentario)
Claro que, se vos fixades ben, podedes descubrir algún outro ben simpático... como o Gruffalo!
Antes de comezar cun novo tema de traballo (no que xa ando a roer) toca poñer fin ao anterior. Velaí quedan unhas imaxes que recollen distintos momentos da festa das familias que celebramos en decembro, como remate do proxecto Con ás de paxaro.