
A páxina do noso libro dedicada aos palafitos é un traballo feito en Infantil 4 e 5 anos.
Nela recollen o que xa antes fixeran sobre os
janokos. A ilustración central é unha foto do palafito que eles construiran e o texto é o primeiro experimento público de escrita con minúsculas dos nenos e nenas de cinco anos.

Coñeceron aos
warao a través de Maite, a súa mestra en prácticas, e dun video da rede; construiron un
janoko; elaboraron un glosario de palabras na lingua indíxena e escoitaron, ilustraron e saben, un conto orixinario destas xentes.




