martes, 13 de maio de 2025

DÍA DE EUROPA: A MIÑA AMIGA LAURA MARÍN E A MÚSICA BALCÁNICA

O día 9 de maio foi o día de Europa, e para conmemoralo invitei á miña amiga Laura Marín para que nos falara e nos contara cousas interesantes dunha zona de Europa que se chama os Balcáns.

Ela, que é aventureira e viaxeira coma min, canta e tamén compón cancións que se cantan en paises como Bosnia, Macedonia, Serbia, Croacia, Montenegro...

A miña amiga é unha antiga alumna do noso colexio.

Pasou aquí nove anos e dixo que neste cole foi moi feliz, fixo moitos amigos  e aprendeu moito.

Dende pequena lle gustou a música e especialmente a dos Balcáns, estudiou o idioma e foi a clases de canto. Despois viaxou a eses paises e incluso deu concertos alí con moito éxito.

Mirade o guapa está cun traxe de festa especial para a súa actuación!!


No mapa de Europa situou os paises balcánicos.




 E aquí tedes o video para que apreciedes ben a súa preciosa voz e o boa compositora que é!!




GRACIÑAS LAURA POLA ACTUACIÓN DE HOXE.

QUEDAMOS TODOS ENCANTADOS!!

MOITA SORTE!!

luns, 12 de maio de 2025

UNHA VISITA MOI AGARDADA: O PROFE MARCOS VEN FALAR DA SÚA FAMILIA.


Este ano, as Letras Galegas están adicadas a todas aquelas mulleres que interpretaban cantigas da nosa música tradicional e popular e que as conservaron e transmitiron aos seus amigos e  familiares ata chegar a nós.

Dúas daquelas mulleres , Rosa e Adolfina, de Cerceda, eran a avoa e a madriña do profe Marcos que estivo no noso cole ata hai tres cursos.

Así que o profe Marcos fíxonos un oco na súa apretada axenda , e veu contarnos a historia cantareira da súa familia. Agora xa sabemos por que ao profe Marcos lle gusta tanto a música.









Tamén nos falou de Dorothé Schubarth, a musicóloga suiza que hai tempo recorreu Galicia gravando e recollendo todas as coplas populares que as cantareiras sabían
Grazas a ela toda esta riqueza non se esqueceu.






Cantounos varias cancións que aprendera con elas e para rematar pedíulle á nosa Laura que cantase, e ela  fixoo tan ben que quedamos todos abraiados.
A continuación podedes escoitala.