xoves, 19 de decembro de 2024

RECOMENDACIONS LIBROS PARA REGALAR NO NADAL!!

RECOMENDACIONS

 Teño moitos amigos e amigas nas outras bibliotecas da Coruña, así que me acaban de enviar os libros que recomendan para regalar neste Nadal.

A desfrutalos!!

mércores, 4 de decembro de 2024

VISITA DOS PEQUERRECHOS Á BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA!


 O día 3 de decembro, fun agochado nun peto da profe Raquel (que non se enterou de nada)acompañando aos nenos e nenas das clases da profe Carmen e  a profe Ana. 

Apuntáronse tamén ao paseo Martín, María e a profe Isabel.

Desfrutamos do paseo, os pequenos da man dos maiores, que os coidaron con moitísimo cariño.

O parque de Vioño estaba precioso, coas suas cores de outono, e fomos fixándonos no que había no entorno: a rúa María Wonenburguer, a fábrica da Estrela de Galicia, os arces coas follas de cor marrón, amarela, vermella...


Logo, ao chegarmonos á biblioteca, os maiores escolleron contos para mostrarlles aos pequenos e todos estiveron moi atentos.




Para rematar, os de 1º e 2º colleron un lote de libros para levar prestados e usalos na Hora de Ler.

























E así rematamos a visita e o paseo, esperando  volver pronto todos xuntos a diveritirnos cos libros!!
 

luns, 2 de decembro de 2024

MADEIRA E METAL CON LAURA REY!!


 Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade.

E daquela aparece a morriña.

Este é o conto que nos veu contar Laura Rey, unha amiga da profe Carmen, coa que todos desfrutamos moito.