xoves, 19 de decembro de 2024

RECOMENDACIONS LIBROS PARA REGALAR NO NADAL!!

RECOMENDACIONS

 Teño moitos amigos e amigas nas outras bibliotecas da Coruña, así que me acaban de enviar os libros que recomendan para regalar neste Nadal.

A desfrutalos!!

mércores, 4 de decembro de 2024

VISITA DOS PEQUERRECHOS Á BIBLIOTECA SAGRADA FAMILIA!


 O día 3 de decembro, fun agochado nun peto da profe Raquel (que non se enterou de nada)acompañando aos nenos e nenas das clases da profe Carmen e  a profe Ana. 

Apuntáronse tamén ao paseo Martín, María e a profe Isabel.

Desfrutamos do paseo, os pequenos da man dos maiores, que os coidaron con moitísimo cariño.

O parque de Vioño estaba precioso, coas suas cores de outono, e fomos fixándonos no que había no entorno: a rúa María Wonenburguer, a fábrica da Estrela de Galicia, os arces coas follas de cor marrón, amarela, vermella...


Logo, ao chegarmonos á biblioteca, os maiores escolleron contos para mostrarlles aos pequenos e todos estiveron moi atentos.




Para rematar, os de 1º e 2º colleron un lote de libros para levar prestados e usalos na Hora de Ler.

























E así rematamos a visita e o paseo, esperando  volver pronto todos xuntos a diveritirnos cos libros!!
 

mércores, 30 de outubro de 2024

martes, 15 de outubro de 2024

NOVO CURSO, VELLOS E QUERIDOS CONTOS!!

 


Para comezar, a profe Ana, coa axuda dalguns nenos e nenas da súa clase, representaron este conto tan escatolóxico como tan divertido.

A historia de vinganza desta toupiña que a todos nos encanta!





E o venres 4 de outubro, a clase de 5º e 6º contounos outro clásico, A que sabe a Lúa?








E o día 11 de outubro, coa axuda das nosas amigas alemanas Ela,, Mia e Freya, que nos mostraron como soa o seu idioma , escoitamos outro dos nosos contos favoritos : El Grúfalo







Ata a próxima amiguiños, e xa sabedes que....

Vivir na Coruña que bonito é!






martes, 28 de maio de 2024

Mes das nosas letras. Actuacións.

 Actuaciós dos nenos e nenas de 3º e 4º para os máis pequeniños do cole polo mes das letras. Podedes clicar nos enlaces para acceder ás mesmas.

Quedamos sen palabras do ben que o fixeron.









venres, 10 de maio de 2024

Kamishibai

 Esta semana puidemos gozar dun conto tradicional australiano que atopei nesta última viaxe. Da man do profe Quique e da profe Belén e dun curioso aparello chamado Kamishibai descubrimos este conto que transcurre en Tasmania onde vivían e aínda viven os canguros grises orientais que, por raro que pareza, daquelas aínda non tiñan a bolsa marsupial



















mércores, 8 de maio de 2024

8 M. Día da muller



 Bo día amiguiños, polo 8 M tivemos  unha representación dunha obra moi especial. Unha princesa das de verdade coa que moitas se sentían identificadas. Unha princesa rabuda e moi valente á que non lle gustaba nada que decidisen por ela. 






venres, 26 de abril de 2024

A historia dunha xirafa moi especial

Unha xirafa camiñando polas rúas de París en 1827 deixou a todo o mundo abraiado. ¿Qué era esta estraña criatura con cornos, metade cabalo, metade camelo, con pernas incríblemente longas e lingua negra?

Zeraffa Giraffa  é unha historia dunha xirafa que é enviada dende África como agasallo ó rei de Francia. ¿Cómo poderá unha xirafa cun pescozo e unhas  patas tan longas realizar esta viaxe?

Grazas ó pai de Laura Sanmartín puidemos descubrir o final desta impresionante historia






martes, 23 de abril de 2024

Día do libro

 Polo día do libro os nenos e nenas do cole gozaron dunha xornada moi especial protagonizada polos maiores do cole que escolleron un libro para contarlles ós máis pequenos. Un apadriñamento lector ó aire libre que a todos deixou encantados e con ganas de máis.









luns, 26 de febreiro de 2024

xoves, 18 de xaneiro de 2024

 

Pica na imaxe para ver o vídeo das nosas actuacións.