
Meus benqueridos amigos:
O Rato leva contándome desde hai semanas que está impresionado por todo o que estades aprendendo, e contoume tamén das aves e paxaros que andan poboando a vosa imaxinación, como nos pasa a todos os que os admiramos pola súa arte e sabedoría voadora.
E, penso eu, que vos parece se nos contamos todos
como faríamos nós, os que andamos por terra e só somos capaces de dar uns saltos ben pequenos,
para voar? Así, ao mellor ainda sacamos unhas boas ideas, ou, como mínimo, pasaremos un bon momento dándolle á cabeciña...
Mirade,
eu faría un traxe con todos os meus mellores recordos: iría meténdoos en cada peza de roupa, con delicadeza para que non se perdan e poidan conservarse coa súa beleza intacta. Despois diso, poríao por riba, e comezaría a pensar en todo o que sentín en cada un deses momentos, respiraría profunda e tranquilamente, e, nese momento, cando non soubese se as miñas pernas están sobre a terra ou dando voltas polas lembranzas maravilladas, sería cando iniciase unha carreira cara o horizonte, sen nada máis que as gañas de voar e estar cos meus mellores amigos… E vós, como faríades?