Quedan aquí algunhas imaxes que vin hoxe na escola, cando deixei o meu Burato da Biblio, para estarricar os bigotes.
Atopei o vestíbulo cheo de vida:
. No escenario, paxaros de mil formas e materiais, que foron chegando das casas.
. Nunha mesa, cabazas propias da época, enchéndose de plumas, peteiros, mesmo de paxaros enteiros.
. Ao pé dela, libros que están a ser lidos nas aulas, de Infantil aos maiores. Historias que falan do medo... ou que dá medo escoitar:
Un pesadelo no meu armario,
O Papón,
Barbazul,
Cando petan na porta pola noite...
E mañán, en vísperas de Difuntos... Qué pasará?
