
Amigas e amigos:
Canto se aprende neste cole nun día! Estiven agochado vendo a todas as nais e pais que viñeron amosarvos moitas cousas do que saben, e compartín co Rato os fermosos traballos que falan dos que son diferentes nalgunhas cousas e iguais nas súas gañas de vivir, aprender e recibir afecto, como todos vós.
Para seguir coa aprendizaxe do que somos, téñovos aquí unha adiviña para ver se dades coa resposta, ¿animádesvos?:
Altos pazos,
lindas xanelas,
abren e fechan
e ninguén anda detrás.No sur do río Miño/Minho, dise:
Altos castelos,
lindas janelas,
que abrem e fecham
sem ninguém bulir nelas. Para darvos pistas, e bebermos, de paso, nos ríos amplos doutras linguas, aquí están outras variantes:
Dos arquitas de cristal
que abren y cierran sin rechinar. (En castelán).
Dues capsetes de vidre
que es poden obrir i tancar
sense destapar. (En catalán).
¿Que vos parece que pode ser?