Pepiño, o grilo, chegou de Portugal un día de primavera no curso pasado. Viaxou desde aló no coche da profe Ana e viviu unhas semanas na aula de 1º e 2º, recibindo todos os coidados dos nenos e nenas. Agasallounos a todos os que nesta escola vivimos co seu fermoso canto, improvisado a calquera hora do día...e sen ter en conta a actividade que estabamos a realizar. Non nos importaba: encantábanos escoitalo.
No mes de xuño, tras comprender que por moito agarimo e vexetal que lle deramos, a gaiola e a escola non eran lugar para el, os nenos ceibárono no campo, despedídoo co son de
Ai Pepiño, adiós.
Hoxe, despois dun ano, Pepiño volveu a visitarnos. Apareceu na súa gaioliña e na mesma aula. Os pequenos recoñecérono ao momento: é Pepiño, é Pepiño!!
Prometemos coidarte, Pepiño, xa que volviches a visitarnos. Prometemos tamén, volverte a ceibar.
