Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

viernes, 22 de junio de 2012

Amigas e amigos:
Remata xa este curso, mais non as gañas de seguir disfrutando durante este looooooooooooongo verán que agarda. Eu estarei no bosque traballando e trebellando. O amigo Rato seguramente irá á praia e fará excursións ben divertidas para buscar saberes que compartirá convosco o curso que ven, aló por setembro. E... vós? Supoño que estaredes xogando e repasando o que aprendestes no cole estes meses, e estirando os días como un enorme arco da vella desde a mañá ata a noite. E, por suposto, non deixedes de botar un ollo aos Xogos Olímpicos, non vaia ser que apareza por alí Pepiño, como xa ten pasado outras veces. E non esquezades soñar sempre cos ollos abertos: así facían xenios e xenias como Maruja Mallo. E, por suposto, nunca deixedes de cantar e bailar!!!!!!!

2 comentarios:

Sara Buedo Fernández dijo...

Ola a todos!
Só quería dicir que teñades un bo
verán e un bo ano de ilusións.
Ata pronto!

nuria dijo...

me encanto este colegio que teñades moita ilusion feliz verano,