martes, 29 de marzo de 2011

Temos un Caderno para o tema.

O Rato regalounos estes cadernos, nos que imos traballar moito

A primeira dobre-páxina, para estudar a árbore: as súas partes, os tipos de follas... mesmo poderemos pegar unha folla seca e escribir todo o que saibamos sobre ela.


Sabemos que algunhas árbores varían moito coas estacións; outras non.
Tamén imos aprender o proceso do nacemento, desenvolvemento...e volta a empezar.


Un pequeno álbum de cromos: se escribimos o nome desas árbores e colocamos un debuxo das súas follas e/ou froitos, o Rato daranos cromos coas fotos das árbores para pegar cunha pestaniña en cada recadro.


E, por fin... o bosque!! sabemos que é todo un ecosistema. De seguro que, tras a visita á fraga do Eume, teremos moito con que encher esta páxina.


Unha páxina para viaxarmos por diferentes bosques do mundo e na que colocar palabras e imaxes que aprendemos nesa viaxe.


Ao final, a páxina que recolle libros dos que nace este caderno e que nos axudan a enchelo.

xoves, 24 de marzo de 2011

O pequeno bosque dos nosos pequenos.

Os máis pequechos teñen un bosque de seu...que lles encanta!!

Coñecen o nome, a folla e o froito das seis árbores que nel viven.
Saben tamén que o bosque é un ecosistema completo e que nel habitan moitos animais (algúns só en bosques moi lonxanos...aínda que eles non se resisten á tentación de incorporalos á súa fraga).

Todo iso cóntano e amósano cheos de satisfacción!!



venres, 18 de marzo de 2011

A Mateus, o noso trasno do bosque.

Querido amigo:
Hai uns días pedíchenos que, xa que entre bosques andamos, tentásemos imaxinarte como personaxe que nun deles habitas.

Pois ben... aí che vai unha pequena mostra do que pensan os maiores.




martes, 15 de marzo de 2011

Unha chea de bosques... e de Carapuchiñas.

Entre os libros de ficción do tema, como é costume na Biblio, procúrase sempre un lugar para os contos clásicos e tradicionais e neste caso, para aqueles nos que o bosque está moi presente.

Ben vin eu aos pequechos trafegando especialmente co bosque da Carapuchiña. Velaí unha selección das que temos nos nosos andeis e que me gustan por diferentes motivos.





venres, 11 de marzo de 2011

Entroido de bosque.

Aí queda unha pequena mostra do que foi o noso Bosque de entroido o venres pasado.





xoves, 3 de marzo de 2011

Bosques de ficción.

Bosques de conto.
De entre os que atopamos na nosa Biblio, unha selección dos que estamos a ler.





martes, 1 de marzo de 2011

Libros divulgativos sobre bosques.

Velaí algúns dos libros nos que andamos a consultar para aprendermos sobre os bosques.