Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 25 de marzo de 2014

APEIROS NO COLE, APEIROS NO MUSEO...

O día 7 de marzo os nenos e nenas de 1º a 6º de primaria visitaron o MUSEO DO POBO GALEGO.
Eu tamén fun agochado nunha mochila das merendas para poder contar aquí o que alí vimos..
 De mañanciña, acompañados dos seus titores e mestres, chegamos a Santiago co fin de coñecermos os apeiros que, ao longo dos anos, usaron para o seu labor todas as persoas galegas que traballaron no agro.
Apeiros agora en desuso a maior parte, e como dixo o profe José Luis, gran coñecedor do tema:  " Forman parte do que somos como pobo, coma comunidade dun labor concreto e como grupo ubicado nunha sociedade que o compartía todo para medrar, modernizarse e apegarse a un solo do que sempre formarán parte."

Apeiros tradicionais dalgúns traballos
Os nenos aprendendo moito e collendo notas
Grazas aos amigos que o profe Marcos ten no museo, puidemos facer no colexio unha exposición con miniaturas prestadas e ben vixiadas por Faustino co seu disfrace de espantallo.

E agora, xa estamos dispostos a meternos a estudar e traballar no segundo proxecto deste curso: SEMENTANDO

lunes, 17 de marzo de 2014

ESPANTALLO SON!!

Espantallo son... meco non.

Temos unha horta na escola... este entroido,
por iso nos vestimos de espantallos... este entroido, 
para que non estraguen os paxaros... este entroido, 
os tomates e as cebolas...

Con un bo lacón, e os grelos que teño na horta, 
con un bo lacón, fago un cocido de nabizas, 
con un bo lacón, un pouco pan, de postre orellas, 
con un bo lacón, con un bo lacón...

Este entroido, imos de entroido, somos nós, (heei) sodes vós (heei).
Este entroido, imos de entroido, somos nós, (heei) sodes vós (heei).
ESPANTALLOS DO CORNIDE SOMOS NÓ-O-OS.

LETRA...José Cornide 
MÚSICA...Gangnam Style