luns, 28 de maio de 2012

SOMOS DE PRIMEIRA!!!


O DEPOR XA VOLVE SER DE PRIMEIRA!!
No cole tamén houbo unha gran celebración. 

                                                                                                                   

Ata Pepiño Grilo, que xa avisou que viña apoiar ao Depor, escapou da súa gaiola e aquí o tedes, no estadio de Riazor, berrando CRI,CRI, CRI xunto aos xogadores e celebrando a victoria.
Dende aquí  dicímosche: PEPIÑO, VOLVE CON NÓS, que te botamos de menos e queremos que nos contes como che foi indo de festa rachada con todos os seguidores do Depor.
PEPIÑO, TEN SENTIDIÑO!!

mércores, 23 de maio de 2012

CHEGOU PEPIÑO!!!


Hoxe, martes 22 de maio, foi o día elixido por un amigo moi especial do cole para voltar xunto a nós como cada curso, desde Portugal. É o noso Pepiño, que xa tiña morriña de estar xunto aos peques de 1º ciclo.
Pero xa sabedes que este grilo é moi xoguetón , e a súa aparición tiña que ser orixinal.
Por iso falou coa profe Ana, e díxolle que esperaba aos nenos escondido na zona traseira do cole, aproveitando a grande altura que teñen agora as plantas...

Ana comunicou a nova aos nenos,e como vedes, puxéronse a buscar a Pepiño con toda a súa maña.
Despois dunha longa e animada inspección, o esforzo tivo a súa recompensa. Apareceu Pepiño, e xa está de novo connosco, como cada primavera. Benvido, compañeiro!!!!

martes, 22 de maio de 2012

FESTA OLÍMPICA

Desde o meu agocho da biblioteca, estiven axexando o que facían estes cativos con tantas medallas e bandeiras, preparando todo e bulindo para mostrar a todas as familias o moito e moi ben que aprenderon deste proxecto olímpico.
O mércores 16 de maio isto foi o que aquí aconteceu:










luns, 14 de maio de 2012

UNHA VISITA OLÍMPICA: ANDRÉS DÍAZ


O venres, 11 de maio, veunos visitar o atleta coruñés Andrés Díaz, que nos falou da súa experiencia nas olimpiadas de Sidney e Atlanta, e de cando conseguíu a mellor marca de Europa nos 1500 metros en pista cuberta en Atenas ,  que aínda non foi superada. 
Aquí vos deixo o video da final de Sidney, na que gañou o diploma olímpico.





Falounos tamén dos valores do deporte, da constancia, do esforzo, do traballo en equipo, da superación...
Contounos anécdotas, respondeu ás nosas preguntas e fíxonos pasar un rato olímpicamente instructivo e...
divertido.

GRACIÑAS, ANDRÉS¡¡¡

venres, 4 de maio de 2012

UNHA OLLADA AOS XOGOS OLÍMPICOS

O venres 27 de abril, tivemos a visita de Emilio, o pai de Hugo e Lucas, que tamén é profe no Instituto.Veu para facernos un percorrido pola historia das Olimpiadas, falarnos de anécdotas, atletas que pasaron á Historia... Unha verdaderia clase maxistral, que agora podedes ver outra vez , picando neste enlace que vos deixo:
UNHA OLLADA AOS XOGOS
(un consello á hora de velo, una vez aberto o enlace , tedes que ir á pestana de iniciar presentación )

xoves, 3 de maio de 2012

FESTA DAS FAMILIAS

No colexio xa está todo preparando para a festa das familias.
Co espírito olímpico, as nenas e nenos  ensaian para a cita final:
nervos templados, mentes engrasadas, espírito de sacrificio... Obxetivo?
 O gran día, diante das mamás, papás, avós...., os nosos atletas do coñecememto mostrarán o fruto do seu esforzo....                              Citius, altius, fortius.
Neste verán, en Londres continuarán co tema, pero vaia por diante a nosa olímpica aportación.
  Esta é a invitación para a festa.