venres, 30 de maio de 2008

A primeira vez que...

Desde o terceiro ciclo de primaria queremos achegarvos este álbum que temos na Biblio e que nos gusta moito.
Utilizámolo como modelo na clase de lingua e, tentando imitalo, atrevímonos a escribir nós tamén. Baixo a imaxe vai parte do resultado: textos feitos por algún de nós.




La primera vez que subí en autobús, piqué tres veces el billete. Para estar segura.
Luego me subí en las rodillas de papá y le besé tres veces. Para estar segura.




A primeira vez que vin unha noiva co seu vestido tan grande, metinme debaixo para rexoubar. A noiva asustouse. Enfadouse. Ao final, riuse. Creo que non me pagou a pena o que vin... pero estábase quentiño.

A primeira vez que me peiteei soa, mireime ao espello e vin que tiña o floco moi longo. Corteino. Despois xa non estaba tan longo.

A primeira vez que me queimei co cigarro que papá estaba fumando, non me doeu. Á miña man, si.

A primeira vez que montei na bici, fun dar co único bache do parque. Baixei da bici. Non volvín a achegarme a ela.

A primeira vez que tiven un bote de ketchup, tireillo ao meu pai. ¡Púxose vermello!

A primeira vez que vin unha araña, boteime a chorar. Mamá díxome que a araña era a miña amiga. Agora xa non choro, pero tampouco a quero de amiga.

A primeira vez que me botei a nadar foi porque o meu irmán me tirou á auga. Cando el se meteu, tentei afogalo.

mércores, 28 de maio de 2008

Uns poemas-xogo do amigo Mateus

Agora que imos rematando, o amigo Mateus envíanos un fermoso agasallo. A ver se somos quen de aprendelo e decilo moi moi rápido sen trabucarnos!

luns, 26 de maio de 2008

¡Noticia exclusiva! (Texto colectivo de 1º e 2º)

Os nenos de 1º e 2º (dragóns e serpes) descubrimos o misterio da casa do Sr. Rato.
Ja, Ja, Ja, sempre quixemos saber onde vivía o Rato, e foi así como o atopamos:
Cando as nosas nais estaban nunha reunión, fomos á biblioteca e vimos dous furados na parede.
E mirando no burato, un neno (Dani) viulle o rabo ao Rato.
Outros nenos tamén o viron.
Pedimos a todos que non o molesten cando esté descansando.


venres, 23 de maio de 2008

Tamén rematamos os Cadernos de astronomía.

Hoxe amosamos algunhas páxinas dos Cadernos de astronomía, xa listos para viaxar ás casas dos rapaces. É só unha pequena mostra de como os resolveron nenos e nenas de distintas idades.

xoves, 22 de maio de 2008

Os nosos álbumes Catarina e Lourenzo.

En vísperas da festa coa que remataremos este tema, concluimos os nosos Cadernos. Nestas imaxes podedes ver as páxinas do álbum Catarina e Lourenzo, feitas por nenos e nenas de idades moi diversas.
O que comezou como un libro baleiro, é hoxe un poemario ilustrado, personalizado por cada un de nós, a partir dos textos e ilustracións cos que o Rato nos foi agasallando semana tras semana.

venres, 16 de maio de 2008

A Festa xa está aquí.

Velaí vai unha invitación para a nosa festa Da raiola ao luar, coa que poñemos punto final a este proxecto.
Os nenos, nenas e máis eu facémola extensiva a todos os amigos e amigas da nosa Biblio. Prometemos calor, incomodidade, pouco espazo... e moita ilusión!

mércores, 14 de maio de 2008

mércores, 7 de maio de 2008

Últimas pinceladas en Da raiola ao luar

Andades xa dando as últimas pinceladas ao tema destes meses: Da raiola ao luar.
Eu, o Rato, ben vos vexo desde o meu buratiño a trafegar co Caderno de astronomía, o poemario Catarina e Lourenzo, o escenario...
Pero... hai unha pinceladiña que está por chegar; ¿xa sabedes cal é? Pois si! Esa que máis ten que ver cos pinceis.
Eu, que todo o escoito, sei que ides traballar cunha noite estrelada: aquela que un día naceu dos ollos, a imaxinación e as mans de Vincent van Gogh.
Convídovos a ilo descubrindo. Picade no seu nome.