Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 17 de noviembre de 2015

POEMAS, XOGOS E DE CASTAÑAS UN POSTO....O NOSO MAGOSTO!!!!!

Xa chegou o noso MAGOSTO!!
Foi unha xornada de festa para todos. Jose e algúns profes traballaron arreo para asar unhas deliciosas castañas. Os pícaros xa estiveran preparando os recipientes para levar as castañas e non tirar as cascas ao chan. Había cada un máis bonito...!!




 Así que, despois do recreo, xuntámosnos todos no vestíbulo do cole, e alí houbo cantigas, poemas, refráns...  para que todas as familias coñeceran moito máis dos magostos.







Despois de encher o bandullo de castañas e leite, os rapaces e rapazas maiores do cole, organizaron no patio un monton de xogos e, cada vez que o profe Marcos tocaba o tambor, todos cambiabamos e tiñamos que adiviñar onde está a castaña, ou tirar a castaña na boca da ra, ou unha carreira de castañas na culler, castaña branca-castaña moura...




 Polo tanto, co ben que o pasamos, pedimos:

OUTRO MAGOSTO
PARA O MES DE AGOSTO!!!

martes, 13 de octubre de 2015

UN CONTO AFRICANO E UNHA DESPEDIDA ALEMANA

 O venres 9 de outubro, algúns nenos e nenas da clase do profe Marcos representaron para todos nós unha lenda africana titulada Rafara. Metéronse no noso camerino e saíron disfrazados de paxaros e outros personaxes desta historia. A súa representación foi marabillosamente salvaxe. Aquí tedes as fotos que o demostran.

 A sesión foi dobre, xa que a profe Cecilia e os nosos amigos alemáns, quixeron que coñeceramos que os idiomas teñen a súa propia música e contáronnos o conto dunha eiruga moi larpeira coa música do alemán e coa música do galego. Despois démoslles un forte aplauso e un bico grande de todos para estes chicos que marchaban para o seu país logo de pasar unha temporadiña connosco. Volvede cando queirades a contarnos máis contos coa música do voso idioma!


lunes, 28 de septiembre de 2015

UN NOVO ENLACE DENTRO DA NOSA BLOGUE!

Os nenos e nenas da clase da profe Uxía están a confeccionar unha blogue asociada á do cole, na que nos ensinarán algunhas actividades, cumpleanos e curiosidades que acontecen dentro dela!
Seguro que están encantados de que participedes na mesma!



Podedes acceder no link que aparece baixo o nome "a clase dos canciños", á esquerda desta páxina, nos "enlaces de interese"

martes, 22 de septiembre de 2015

PALABRA DE CROCODILO.

Para comezar os nosos primeiros contos dos venres, escollín unha fermosa lenda de Burkina Faso, que nos mostra que os crocodilos tamén teñen palabra.
A profe Cecilia contounos o conto da maneira que ela sabe, é dicir, marabillosamente, e o profe Marcos acompañouna cuns efectos especiais do máis especiais. Un djembé (instrumento de percusión africano) e unha fregona (instrumento de limpeza e nesta ocasión sonoro), que nos mergullaron no ambiente do río na selva.
Así deu comezo a serie de actividades que nos servirán para coñecer máis de MAMÁ ÁFRICA.


 Como vedes, nestes próximos días, os nenos van explorar un continente veciño,  con tantas
cousas para aprender e disfrutar.  E como alguén diría:
 HAKUNA MATATA!!!!!!

viernes, 18 de septiembre de 2015

BENVIDOS Á NOSA XUNGLA !!

Xa estou de volta despois dunhas marabillosas vacacións. Veño con novas ideas, novos libros e vexo neste colexio moitas caras novas. Todos guapísimos e cheos de gañas de aprender moito, moito.
Vexo unha tribo agochada no máis profundo da selva africana.
Están o grupo de feiticeiros, que nos han guiar coa súa sabedoría. Os de sempre e dous que viñeron doutras tribos.

Vin tamén, dúas aprendices de feiticeiras:

E os cachorriños que veñen aprender a cazar letras, recolectar contos, pescar amigos e tecer momentos de ilusión:

E con todas estas novidades, eu penso que este curso imos disfrutar
dun xeito salvaxe.
Vou estar, coma sempre, atento no meu recuncho para darvos conta de todo o que aconteza no noso cole. Benvidos á xungla!!!!!

martes, 23 de junio de 2015

QUE FARÍA EU SEN TI


Polos mostachos de Mickey! Que rapazada artística a do Cornide! Estaba eu brincando onte pola noite entre os ordenadores da biblioteca, e atopei unha memoria USB extraviada na que andiven investigando. Atopei esta curiosa curtametraxe, feita pol@s alumn@s do "Obradoiro de iniciación á curtametraxe  en galego" levado a cabo por Omar Rabuñal e Txabi Mira. Que entrega!, que fotoxenia!, que dramatismo!, que prosodia! Bravo nen@s!


jueves, 21 de mayo de 2015

martes, 12 de mayo de 2015

ENTRE CORES, RECENDOS E RECHOUCHÍOS!

Xa estamos metidos de cheo no tema, coas mans na terra e disfrutando de contos, poemas e leccións.
Tratamos de coñecer non só as prantas, senon de estudar insectos, paxaros, e seres vivos que habitan nos xardíns. Falar do importantes que son para a vida da xente, dos nosos avós, dos nenos que alí xogan e se relacionan.
 Estudaremos algo máis dos xardín da cidade de A Coruña e aprenderemos a valorar os elementos que os decoran, as estatuas, as fontes,os bancos e as moitas actividades que alí desenvolvemos, os deportes, os xogos, os paseos dos namorados...
Temos, coma sempre, un caderniño no que iremos poñendo todo o que investigamos e  aprendemos.




Ademáis, no pequeno espazo que foi a nosa horta, estamos organizando un pequeno xardín con prantas e flores.
Aquí tedes as imaxes que demostran o bos xardiñeiros que somos.
Ata pronto. Un saúdo cheo de aromas!!



martes, 5 de mayo de 2015

TÍRALLE DA LINGUA 2.015


Como podedes ver no cartel, o noso colexio participou de novo no concurso "Tíralle da lingua" en Santiago de Compostela. Foron os rapaces do 3º ciclo cun conto que lles gusta moito desde pequeniños e que eles adaptaron:  Non é unha caixa.
Xa sabemos todos que o importante é participar, e que os de Carballo sempre nos levan a dianteira nesto do idioma, pero fixérono moi ben a pesares dalgún problema técnico sen importancia. 
Mirade aquí o resultado:

Ademáis, foron en tren, que sempre é unha aventura, e visitaron a Catedral e viron voar o Botafumeiro.
Foi un día colosal.


lunes, 23 de febrero de 2015

miércoles, 4 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz.
Foi unha xornada pacífica e sentimental. Recitamos poemas propios (Damián), e alleos (Gloria Fuertes),
cantamos cancións, contamos contos e todos decidimos que un mundo con paz é un mundo mellor.
Aquí vedes os preparativos deste día e o resultado.
Desfrutádeo o mesmo que fixemos todos nós.