Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 29 de junio de 2010

Mateus vai de vacacións.


Amigas e amigos:
Pasámolo moi ben este curso, aprendendo de todos os nenos que saben levar sempre a ledicia ás súas vidas, apesar de todo, e curioseando no corpo, desde o que sentimos o mundo. Para isto axudáronnos uns cantos pais, a quen lles agradecemos, outra vez, que compartan con nós o seu saber.

Despois veu a historia das casas, que é como dicir a historia dos nosos devanceiros e de nós mesmos: as máis antigas, os tipis, os iglus, os janokos e palafitos e, por suposto, as vivendas tradicionais xaponesas, sen esquecer os castelos.

Como ben sabedes, é moi importante seguir mantendo as gañas de aprender máis e mais, para o que vos recomendo que sigades lendo e lendo vós mesmos e cos vosos pais.Desde logo, podedes estar ben orgullosos do que aprendedes e do que transmitides aos vosos pais, pois (e este é un segredo que vos pido non divulguedes demasiado) todos, pequenos, maiores e criaturas do bosque, aprendemos de todos, e todos os días.
E lembrade tamén que ninguén vos poderá quitar nada do bailado.
Boas vacacións e a seguir descubrindo os pequenos misterios do mundo.

Saúdos desde o, tamén voso, bosque.

3 comentarios:

Iraitz e Carmen dijo...

Querido Amigo Mateus:
Canto aprendemos nos neste curso!!!Coñecimos o mundo da escola,o compartir, o saber traballar xuntos, o descubrir novas sensacións... e sobre todo a ledicia que se sente cando un está a gusto nun sitio ...isto foi para nos este ano...un ano de aprendizaxes, o primeiro dun longo camiñar...porqué educar a un neno non é ensiñarlle algo que non sabía, senon facer de él alguen que non existía...

Mateus dijo...

Pois parabéns: talvez o traballo consista en crearlle a curiosidade por saber e descubrirse moito máis libre do que pensaba el e os adultos. Enfin, boas vacacións para todos, desde os máis grandes até os máis pequenos (que xa non o son tanto).
Saúdos desde o Bosque.

NURIA dijo...

a min gustoume moito o que dixo o rato a min me encanta o libro da Mosca Choska