Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 8 de junio de 2010


Amigas e amigos:
Que linda a festa do outro día. O Rato contoume que se emocionou véndovos cantar e contar, recitar e saborear, e envioume fotos por internet (xa sabedes que no bosque dos trasnos andamos bastante adiantados nestas cousas, e nos comunicamos entre nós e cos amigos de maneiras ben contemporáneas...).
Pois aproveito para deixarvos aquí unha nova adiviña, a ver que tal vos vai con ela:

“Pequena como unha abella
e enche a casa ate a tella”.


Por se vos é de axuda, aquí quedan as versións noutras línguas (tamén sabedes que os habitantes dos bosques valoramos a diversidade como fonte de toda vida):

No sul do río Miño:

“Qual é a cousa, qual é ela
do tamanho de uma abelha
e enche a casa até à telha?”.


En castelán:

“Tamaño como una almendra
y toda la casa llena”.


En catalán:

“Una cosa com un gla
que per tota la casa va”.


En italiano:

“Io ci ho ‘na cosa
larga come um’amandola
che risciaro tutta la cámbora”.


E en francés:

“Qu’est-ce que n’est pás plus Gros qu’un oeuf
et qui tient toute la chambre?”.


QUE SERÁ, SERÁ?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Puede ser la bombilla??

Ana Mª 5º, Laura 6º e Cristina 6º dijo...

Retiramos o dito, nos dimos que é a luz.

Miguel e Carla dijo...

Nos cremos que é a luz,xa que enche a casa enteira.

Mateus dijo...

Meus queridos amigos: deixástesme sen respiración. Pois efectivamente: é a luz, mesmo a bombilla ou lámpada.

Máis unha vez, parabéns por tanta sagacidade. Valedes un mundo.