Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

viernes, 6 de marzo de 2009

Mateus comeza un poema.

Amigas e amigos:
Como sabedes, os trasnos sómosvos un pouco argalleiros, e sempre se nos dá por andar en compaña dos esquíos e as curuxas, mestres en buscar sempre cousas novas onde parece que non as hai e en deixar un pouso de sabedoría en cada palabra, ou máis ben ouleo, nomeadamente ás noites. Características estas que tamén se poden aplicar ás artes, como ben sabía o admirado Luís Seoane, home a quen a luz que viña da Torre de Hércules lle viña contar segredos e descubrir maravillas mesmo en América, onde, contra a súa vontade, tivo que pasar ben anos.

Pois ben, unha das grandes paixóns da súa vida, como xa vos terán contado, era a poesía.
E, digo eu: que vos parece se facemos un poema cada semana entre todos? Eu son dos que pensa que cada quen ten algo ben grande e fermoso que dicir, colaborando nunha creación colectiva: cada un vai facendo un verso, poñémolo aquí, na nosa biblio, e logo segue outro ou outra continuándoo co que mellor lle pareza. Así, aos poucos, faremos algo que pertencerá a todo o mundo.
Isto facémolo moito nos bosques, e non deixamos de seguir aprendendo con cada verso, porque a realidade é tan grande e fermosa como nós queiramos...

Que vos parece se o primeiro poema llo dedicamos a unha Torre?
Aquí vai un primeiro verso:

“HAI UNHA TORRE OCULTA ENTRE AS MANS”

Quen queira seguir pode poñer o segundo verso, e seguirmos asi até que sintamos que rematou (este poema, claro, despois virán os que nos apetecer). Propoño que participen nenos, profesores, pais e nais, e, como non, o meu grande amigo Joaquín. E tamén ti, que estás a ver isto ao pasares polo blog...

(P. D.: se queredes non ten por que levar rima. A única regra é a Liberdade e seguir a vosa sábia intuición).

10 comentarios:

Anónimo dijo...

QUE ESTA CHEA DE SEGREDOS QUE PODES ATOPAR

Mateus dijo...

Hai unha torre oculta entre as mans
que está chea de segredos que podes atopar

Quen se atreve a seguir?

Grazas, Anónimo.

Anónimo dijo...

segredos que alumean na noite aos mariñeiros.

Hai unha torre oculta entre as mans
que está a de segredos que podes atopar.
Segredos que alumean na noite aos mariñeiros,

Anónimo dijo...

Vai así:

Hai unha torre oculta entre as mans
que está chea de segredos que podes atopar.
Segredos que alumean na noite aos mariñeiros,

Anónimo dijo...

Hai unha torre oculta entre as mans
que está chea de segredos que podes atopar.
Segredos que alumean na noite aos mariñeiros,
e as mulleres que agardan por eles no peirao.

Mateus dijo...

Hai unha torre oculta entre as mans
que está chea de segredos que podes atopar.
Segredos que alumean na noite aos mariñeiros,
e as mulleres que agardan por eles no peirao.
Descalza pasa a luz sobre o asombro

onde dormen as aves fecundadoras do tempo.

Anónimo dijo...

Espida se verte sobre as pálpebras

a estrela transparente dos soños.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,