mércores, 8 de outubro de 2008

Enrugas e Prata.

Picando nestas imaxes podedes enterarvos do tema que imos traballar neste trimestre. Hoxe, as familias reciben este folleto explicándoo.
Marta!! Ti, que no teu comentario decías que non eras quen de adiviñar polo título cal era o motivo do novo proxecto... pois aí tes a solución!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Amigas e amigos:
Lembro a prata que tinxia os cabelos dos meus avós, que hoxe habitan na memória de quen os ten amado imaxinando-os nunha pequena estrela visíbel á noite e nos lugares máis misteriosos da casa. E tamén lembro as enrugas que foron dando conta das sucesivas experiéncias que nos transmitiron como sabedoria ante a vida, como un rio a nos aportar frescura e alegria innata no noso camiñar.
Desde aqui envio-lles un bico enorme para compensar, ainda que sexa minimamente, a sua compaña sen condicións, e aproveito para aconsellar-vos, meus pequenos grandes amigos, que disfrutedes deles todo o que poidades, e vos contaxiedes desa forza que vos transmiten desde o país da tenrura e do campo aberto ao infinito onde sodes os pequenos reis, habitantes privilexiados do bosque herdado desde o principio dos tempos.

Anónimo dixo...

¡Que proxecto máis fermoso!

Os avós son persoas amigas dos nenos, e moitas veces cómplices dos mesmos, porque comparten como lugar de encontro a inocencia dos corazóns.
Os nosos maiores, os vosos maiores, teñen moitas historias que contar, e os nenos sen dúbida poden aprender moitísmo deles e das súas vivenzas cando eran nenos: das súas xa esquecidas tradicións, lendas, contos, xogos, cancións..que forman parte da nosa cultura, e non hai mellores relatores ca eles.
Os avós son "libros vivintes", e a tódolos nenos do cole decirvos que sodes moi afortunados pois con este traballo que ides iniciar coñeceres "os tesouros que gardan os vosos avós".
Marta.

P.D. teño unha visita pendente ao cole querido Rato.
Xa me esquecía!!!Estás invitado ao San Froilán a uns rabiños de pulpo que sei que che gustan, amigo Rato.