mércores, 7 de maio de 2008

Últimas pinceladas en Da raiola ao luar

Andades xa dando as últimas pinceladas ao tema destes meses: Da raiola ao luar.
Eu, o Rato, ben vos vexo desde o meu buratiño a trafegar co Caderno de astronomía, o poemario Catarina e Lourenzo, o escenario...
Pero... hai unha pinceladiña que está por chegar; ¿xa sabedes cal é? Pois si! Esa que máis ten que ver cos pinceis.
Eu, que todo o escoito, sei que ides traballar cunha noite estrelada: aquela que un día naceu dos ollos, a imaxinación e as mans de Vincent van Gogh.
Convídovos a ilo descubrindo. Picade no seu nome.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

A nos gústanos moito os cadros
de Vincent Van Gogh. Estamos
desexando facer algunha actividade con algún deles.

Anónimo dixo...

bos dias, yo teño un deseo pintar un cuadro d vicent van gogh

Anónimo dixo...

A min gústame moito, os seus cadros son moi fermosos.Gustoume moito o video, a miña nai tamen lle gustou o video e os cadros que hai nel.Espero facer algo relacionado con Vincent Van Gohg.