Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 17 de enero de 2008

Ao trasno Mateus

Grazas, Mateus, por contestarnos desde as illas Canarias. Agardamos ansiosos o teu regreso e a túa nova adiviña. Mentres, como complemento aos fermosos debuxos de infantil, velaí o que sobre ti escribiron os grandotes na clase de lingua. Un bico. Juana.

Hai uns días o rato presentounos a un amigo un pouco estraño. Este especial personaxe é un trasno que se chama Mateus. O trasno anda agochado na biblioteca pero nunca o conseguimos ver. Escribe no noso blog e ponnos adiviñas para que nos rompamos a cabeza ata atopar a resposta.
Eu imaxínome ao trasno Mateus pequerrecho e coa cara moi fea, pero graciosa, está coxo, ten as orellas puntiagudas e un furado na man esquerda. Penso que viste cunha túnica verde que lle chega ata os pés e cun pucho vermello. HELENA - 5º.

Hai uns días coñecín ao trasno Mateus.
Leva posto un pucho vermello e unha túnica marrón. Como todos os trasnos, Mateus é pequeno, ten as orellas largas e é coxo.
A súa principal ocupación é poñernos adiviñas para que as resolvamos. O trasno Mateus é moi traveso. Foi o Rato quen nos presentou a este traveso personaxe: o trasno Mateus. BRUNO - 6º

O outro día coñecín a un amigo do Rato: o trasno Mateus. Vive na biblioteca. A súa función é poñernos adiviñas no blog e facernos trasnadas.
O trasno Mateus ten un gorro vermello, unha camiseta verde, un pantelón marrón, uns zapatos vermellos e unhas gafas redondas. É feo pero ten unha cara moi graciosa e unhas orellas puntiagudas. NEREA - 6º.

3 comentarios:

Mateus dijo...

Moitíssssssssssssssssimas grazas, meus amigos.
Non andades nada lonxe ao adiviñardes o meu aspecto (menos mal que ainda non me vistes, porque vos teria correndo detrás das miñas orellas mesmo de noite).
Bon, a reunión cos meus colegas trasneiros xa case acaba, e mentres non me ven, envio-vos este correo emocionado e prometendo-vos que cando vaia chegando un vento favorábel irei voando de árbore en árbore (ou cunha colega miña que ven sendo meiga na sua vasoira con cinco marchas) até chegar á casiña e descansar, para ir o luns, se podo, polo cole e facer que todo NON estexa no seu sítio, como é o meu deber.
Bicos e seguide afinando, que eu tamén ando pensando en como entreter-vos...

Bicos para tod@s!!!

P. D.: Para o Rato: sinto que non puideras vir, pero eu tamén tiven que estar en casiña mentres facíades a festa do Gato Coxo. A ver se para os Caneiros en Betanzos podemos xuntar-nos e roer o globo (he, he, he).

O Segrel do Penedo dijo...

Querido Sr. Rato, quero que saiba que nunca esqueceremos a visita á súa biblioteca. De feito, tivemos que coller folgos para ser quen de contar parte do que alí aconteceu...
Se quere saber como nos sentimos, pode facer unha visita aos GBI Blogs.
"A Nosa Biblioteca"
"Biblioafonso"
"O Segrel do Penedo"
(Roteiro polas Bibliotecas Escolares II)
Moreas de bicos!!

freefun0616 dijo...

p酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,