Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 29 de enero de 2008

3ª adiviña do trasno Mateus


8 comentarios:

Anónimo dijo...

As adiviñas do trasno
entreteñenme un rato.
Desta volta non a adiviñei,
e mira que o intentei.
Pero o que me causa moito interés
e como pode un trasno
saber tanto do internet?

Mateus dijo...

Querido anónimo:
Os trasnos de hoxe en dia temos wifi e tarifa plana nas frondosas árbores que nos acubillan, asi que podemos facer das nosas pola rede. De feito, estamos perto de termos un software libre das criaturas do bosque para enfrentar-nos ao poderoso señor das Xanelas, Bill Gates.
Tempo haberá de falar disto (se queres unir-te podemos ver-nos nalgun conto de Dieste e tomar unha infusión de herbas naturais, que ainda vai bastante frio).

Serpes (1º) e Dragóns (2º) dijo...

Ola Mateus:
cremos que sabemos a adiviña. Pode ser: a escuridade, o sol, a lúa, a sombra, ou a noite.

Un gran bico de todos.

Anónimo dijo...

O xubileo do Bill Gates
quería eu para mín.
Pero coma esa breva non ha de caer
con unha infusion me conformarei.
Mateus resolve a incognita
que aínda sigo atónita.

Mateus dijo...

Queridas serpes, dragóns e anónimo/a:
Efectivamente a resposta está entre as cinco que enviastes, pero pediria-vos que concretásedes mellor cal ou cales delas son. Estades perto, pero falta atinar no centro (recoñezo-vos, iso si, unha grande mestria na resolución das adiviñas, non deixades de me sorprender).
Anónimo/a: talvez a infusión e as cinco pistas que nos deron as serpes e os dragóns che poidan axudar a resolver esta adiviña...

Ben, semella que terei que ir preparando máis para a próxima semana, unha vez que acabe o baile de máscaras no bosque...

Serpes e Dragóns dijo...

Os nenos de 1º curso (serpes no horóscopo chino) e os de 2º (dragóns no horóscopo chino)decidimos por maioría que a resposta é a escuridade. Un saúdo a Mateus e ao seu amigo o señor Rato.Un gran bico de todos.

Mateus dijo...

Pois asi é, meus queridos amigos. O horóscopo chinés deu-vos moita lucidez para orientar a vosa resposta.
Ben, darei-vos máis que pensar esta semana, cando o Rato vos faga chegar unha outra adiviña.
E en canto aos bicos van reduplicados de parte de todas as criaturas do bosque, que agardan ver-vos cando queirades vir...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,