Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

viernes, 27 de abril de 2007

Todos e todas na escola, desde infantil ata sexto,
recibimos do Rato varios caderniños para o proxecto Son do mar.
Un deles é este Poemario.
Pouco a pouco imos lendo, recitando, aprendendo... ilustrando, os textos que nel se recollen. Por exemplo:

O MEU BARCO
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me dera navegar!

...
(Manuel María - Os soños na gaiola)


Cool Slideshows

jueves, 19 de abril de 2007

Mamás con moito conto



Os venres ás doce, a nosa Biblio acóllenos a todos para xuntos compatir a lectura dun conto. Unha das profes, ou o convidado do día, séntase no Trono do rei das palabras e le en voz alta ou conta. Ás veces son os nenos e nenas dun curso calquera os que contan, recitan, escenifican... para todos os demais. Neste caso a sesión faise no vestíbulo e os rapaces contan desde o escenario.
Pero hai outra actividade dentro do noso proxecto, que é unha iniciativa das mestras de infantil e que a min me encanta presenciar: Algúns venres a primeira hora, unha das nais ocupa o Trono e conta para os pequechos da escola. Eu, agochado no meu buratiño, disfrútoo moito. Estou seguro de que, pouco a pouco, haberá máis nais que se animen e... por favor!!!!... tamén algún papá!

martes, 17 de abril de 2007

Arredor da nova imaxe do avó Rato



Velaí o que algúns dos grandiños da escola escribiron sobre o recente cambio do avó.

O avó parece outro! leva unhas gafas negras e unha chaqueta moi elegante. Estiven facendo averiguacións e descubrín que el pasara por unha tenda de roupa e complementos onde probou e mercou porque se viu máis novo e moi guapo. O que lle pasa ao avó é que anda namorado dunha ratiña linda e agarimosa. (Geraldine)

O avó estaba enfermo. Tiña un brazo mal e andaba moi velliño. Eu estaba preocupado cando, de súpeto, vino meterse nunha desas clínicas Dermoestética. Cando saiu parecía estar máis que ben... como novo! (Sergio)

Hai uns días o avó desapareceu. Cando volveu onte, non parecía o mesmo: parecía outro. Púxose unhas lentes (que lle van moi ben), mercou un abrigo que non lle pode quedar mellor, botouse unha crema anti-enrugas... está renovadísimo!!
Pero xa me enterei polo vento dos lugares onde foi: foise ata Luxemburgo á mellor clínica anti-enrugas do mundo; foi a París polo abrigo, á mellor tenda do mundo; foi a Madrid polos lentes, ao mellor oculista do mundo e... volveu á Coruña... na que está o mellor colexio do mundo: o José Cornide.(Sofía)

Arredor da nova imaxe do avó Rato


O avó rato non parece o mesmo. A verdade, eu penso que se fixo un lifting... pero, aínda hai máis; porque o avó non se conformou só con iso. Veredes, cando estaba na chocolaterapia, para poñer máis tersa a pel, deuse de conta de que o día seguinte era o gran día do seu regreso e... tiña que renovar o vestiario!! Xa de volta, viu un abrigo e unhas lentes; probou as dúas cousas e, decidido, foi pagar á caixa.

Despois de saír do Corte Inglés, chegou por fin á escola tan guapo, tan rexuvenecido... e tan bo avó coma sempre.

Antía. 6º primaria

lunes, 16 de abril de 2007

Arredor da nova imaxe do avó Rato



Antes o avó levaba un abrigo longo de cor laranxa, agora leva un vermello. Tamén as súas lentes eran diferentes, antes non vía ben.
Eu diría que o avó está... namorado de alguén!! Seino por fontes de moi preto del. Non vou revelalas porque é confidencial. Pero si podo decir onde foi:
Primeiro foi ao hospital para recuperarse; cando rematou no hospital foi mercar varias cousas que son as seguintes: o abrigo que ten posto, un ramo de rosas e unha caixa de bombóns, e seguro que xa sabedes para quen era: era para a súa noiva.
Despois acordouse de nós, entón despedíuse da súa namorada e volveu á escola.
Esto quere decir que se o avó Rato volve desaparecer, xa sabemos con quen está. Non nos debemos extrañar.
Andrea.- 6º primaria

Arredor da nova imaxe do avó Rato


O avó Rato colleu unhas vacacións dunha semana, máis ou menos.
Foi facer unhas probas médicas para ir ao balneario de Cuntis e dixéronlle que tiña que poñer gafas. Foi a súa reuma a que lle obrigou a ir alí.
Despois de estar alí uns días, foi ao balneario da Toxa, onde se relaxou do estrés que lle causamos nós. Así ven ... tan extraño co seu cute renovado.
Claro, só lle quedaba renovar o seu vestuario, con ese abrigo vermello intenso.
Estas foron as vacacións do avó, eso é o que penso eu.
Tamara - 6º primaria

jueves, 12 de abril de 2007

Música.
Aprendín esta deliciosa balada, gracias ao bo costume familiar, (moi estendido daquela e agora en proceso de extinción) , de cantarmos nas sobremesas dalgúns días de festa, que nos xuntaban a todos.
Aquel repertorio, incluía un bo número de pezas musicais da nosa terra, que todos rematabamos aprendendo. OS TEUS OLLOS , estaba sempre incluída no programa, e aínda hoxe, ao escoitala, faime lembrar aquelas tardes.
Cando hoxe á mañá a escoitamos no cole, para acompañar o conto que estabamos a contar, pensei que era lamentable que os nosos alumnos descoñeceran unha obra tan fermosa.
Aquí queda recollida:

Ten a serea o canto
i a serpe o alento;
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
Ti tes de abondo
co que tes escondido
neses teus ollos.
O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a gloria do poeta,
o ouro do mundo:
Dera eso todo
por solo unha mirada
deses teus ollos.
Buscan os pitorreises
pra facer niño,
a herba santa que nace
veira dos rios.
Eu busco sólo
unha mirada meiga
deses teus ollos.
Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.
Manuel Curros Enriquez
(Na miña casa só cantabamos a primeira e a última das estrofas)

miércoles, 11 de abril de 2007

Que pasou co avó Rato??



















Desde sempre o meu avó, avó Rato, viviu ás portas da Biblio lendo e custodiando o que nela temos.
O meu avó, que tamén o é da Ratiña presumida, do Rato Pérez... e outros meus curmáns, marchou sen avisar hai algúns días e onte regresou, deixándonos abraiados coas súas transformacións.
Comparade!! Que pasou co avó Rato nestes días??