Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

jueves, 12 de abril de 2007

Música.
Aprendín esta deliciosa balada, gracias ao bo costume familiar, (moi estendido daquela e agora en proceso de extinción) , de cantarmos nas sobremesas dalgúns días de festa, que nos xuntaban a todos.
Aquel repertorio, incluía un bo número de pezas musicais da nosa terra, que todos rematabamos aprendendo. OS TEUS OLLOS , estaba sempre incluída no programa, e aínda hoxe, ao escoitala, faime lembrar aquelas tardes.
Cando hoxe á mañá a escoitamos no cole, para acompañar o conto que estabamos a contar, pensei que era lamentable que os nosos alumnos descoñeceran unha obra tan fermosa.
Aquí queda recollida:

Ten a serea o canto
i a serpe o alento;
o lago ten a onda,
Dios ten o inferno.
Ti tes de abondo
co que tes escondido
neses teus ollos.
O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a gloria do poeta,
o ouro do mundo:
Dera eso todo
por solo unha mirada
deses teus ollos.
Buscan os pitorreises
pra facer niño,
a herba santa que nace
veira dos rios.
Eu busco sólo
unha mirada meiga
deses teus ollos.
Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.
Manuel Curros Enriquez
(Na miña casa só cantabamos a primeira e a última das estrofas)