Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

martes, 17 de abril de 2007

Arredor da nova imaxe do avó Rato



Velaí o que algúns dos grandiños da escola escribiron sobre o recente cambio do avó.

O avó parece outro! leva unhas gafas negras e unha chaqueta moi elegante. Estiven facendo averiguacións e descubrín que el pasara por unha tenda de roupa e complementos onde probou e mercou porque se viu máis novo e moi guapo. O que lle pasa ao avó é que anda namorado dunha ratiña linda e agarimosa. (Geraldine)

O avó estaba enfermo. Tiña un brazo mal e andaba moi velliño. Eu estaba preocupado cando, de súpeto, vino meterse nunha desas clínicas Dermoestética. Cando saiu parecía estar máis que ben... como novo! (Sergio)

Hai uns días o avó desapareceu. Cando volveu onte, non parecía o mesmo: parecía outro. Púxose unhas lentes (que lle van moi ben), mercou un abrigo que non lle pode quedar mellor, botouse unha crema anti-enrugas... está renovadísimo!!
Pero xa me enterei polo vento dos lugares onde foi: foise ata Luxemburgo á mellor clínica anti-enrugas do mundo; foi a París polo abrigo, á mellor tenda do mundo; foi a Madrid polos lentes, ao mellor oculista do mundo e... volveu á Coruña... na que está o mellor colexio do mundo: o José Cornide.(Sofía)