luns, 18 de outubro de 2010

Primeira carta de Trasno Mateus


Amigas, amigos:
O Rato veu de visita polo bosque estes días e estivo contándome das actividades que ten previstas para este trimestre, e, casualmente, pasamos o día na nosa casa (fóra bruaba un vento terríbel) escoitando música mentres as horas se consumían na conversa.

Foi ao despedirnos cando nos decatamos de que esa música que escoitábamos tamén tiña que ver co tema que estades tratando: era a obra de Charlie Parker, un compositor americano de jazz.

Mentres tanto, déixovos un par de magníficas obras súas (cunha pista sobre a relación co tema), para que tamén saibades como pasamos o tempo no bosque: My old flame e Bird of Paradise.

xoves, 14 de outubro de 2010

Semella estar feita para o tema!


Así é!

Esta película semella estar feita para o proxecto Con ás de paxaro.
Unha fermosa historia na que se mesturan aves e humanos voadores (entre outras cousas).

Paga a pena vela!

luns, 4 de outubro de 2010

venres, 1 de outubro de 2010

Xa temos tema novo!

Xa temos tema para este trimestre.
Hoxe escoitamos xuntos o primeiro conto para presentalo: A merliña
Si, adiviñáchedes! estará cheo de paxaros, sobre os que imos aprender moito.
Pero non só iso.
Esta imaxe dá máis pistas:

Así é. Tamén imos traballar coa historia da aeronáutica, cos xoguetes voadores... co noso inmenso desexo de voar!

(por certo, a imaxe anterior está roubada dun libro hoxe descatalogado e que nunca debeu desaparecer: Leopold o la conquista del aire.

martes, 28 de setembro de 2010

Despegamos!!!

Despois de quentar motores, a Biblio...despega!
Como testemuña, estas imaxes:
O primeiro conto compartido, o pasado venres.
A primeira nai de infantil que se achega a ler.

Os máis pequeniños, incorporándose á lectura silenciosa.
Todo
infantil, hoxe, mirando e nomeando paxaros...
Ai, que listos!!
Estes saben algo do tema co que imos traballar a partir do vindeiro venres!!
E vós? Sodes quen de adiviñar?







mércores, 22 de setembro de 2010

A primeira sesión compartida do curso.

Hoxe disfrutamos da primeira sesión compartida no colexio, na que participaron tamén por vez primeira, os máis pequechos.

O escenario encheuse de maxia grazas ás marabillosas mans de Luisma. Gustounos moito a actividade ...e tamén vivila todos xuntos.

Dame nos bigotes que ao mellor o venres temos o primeiro conto na Biblio e que comezaremos a levar libros en préstamo.




mércores, 15 de setembro de 2010

ESTOU VIVIÑO!!


ESTOU VIVIÑO...aínda que non faga barullo!

Por aquí ando, trafegando na Biblio, que axiña abrirá as portas aos seus usuarios.
Como cada ano, primeiro hai que revisar, tirar, colocar...
Tamén estou a preparar os carnés dos pequechiños que chegaron ao cole, ando a pensar no primeiro proxecto no que imos traballar este curso e comezo a disfrutar dos libros novos que van chegando.

Hoxe preséntovos os que empecei a mirar esta noite: cinco estupendos libros divulgativos, que imos ter nos andeis da Biblio.
Encantáronme!