Biblioteca escolar José Cornide Saavedra - A Coruña

miércoles, 15 de septiembre de 2010

ESTOU VIVIÑO!!


ESTOU VIVIÑO...aínda que non faga barullo!

Por aquí ando, trafegando na Biblio, que axiña abrirá as portas aos seus usuarios.
Como cada ano, primeiro hai que revisar, tirar, colocar...
Tamén estou a preparar os carnés dos pequechiños que chegaron ao cole, ando a pensar no primeiro proxecto no que imos traballar este curso e comezo a disfrutar dos libros novos que van chegando.

Hoxe preséntovos os que empecei a mirar esta noite: cinco estupendos libros divulgativos, que imos ter nos andeis da Biblio.
Encantáronme!

1 comentario:

Mateus dijo...

Que ben estares de volta, amigo Rato. Xa estou ben impaciente por coñecer os teus proxectos e disfrutar deles!! Saúdos desde o Bosque!